cando aprenderemos?
A non tirar pedras contra o propio tellado?
Lean: » O nacionalismo queixo apropiarse da normalización, foi un erro desastroso». Vén nesta entrevista a Henrique Monteagudo.
Porque, a ver, se o nacionalismo non turrara pola normalización (lingüística e cultura, ollo, non só lingüística) quen o ía facer: O PP, o PSOE?
Non é que o nacionalismo se apropiara da normalización. É que os demais, PP e PSOE, pasan olimpicamente. Sábeno até as pedras.
O nacionalismo cometeu e comete erros de vulto, velaí as rúas Fraga, por exemplo. E poida que as estratexias de dinamización/defensa (lingüística e cultural) non foran as máis axeitadas. E se así é non sei a que agardan (PP, PSOE, e PP gobernando) a demostralo elaborando outras mellores.
Ora ben, ter como bandeira a normalización non é ningín pecado. Nin moito menos.
O que é un erro: que alguén pense que apostar pola normalización é desastroso.
Iso si que é un errro desastroso.
Ai, Galiza, Galiza…se os que din mirar por ti non paran de tirar pedras contra o seu propio tellado!
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>