Á beira de Beiras / Beiras, no país dos cegos
Co gallo da Homenaxe Nacional a Xosé Manuel Beiras, vénse de editar un libro no que se radiografa Galiza desde diferentes perspectivas ou campos do saber. Non é o obxectivo desta anotación divulgar o contido dun libro que aínda só petisquei, porén non me resito a comentar dalgúns artigos que xa lin e me parecen de moito interse. Así pasa co de Fermín Bouza («Comunicación e axendas na Galicia da crise») no que se bota unha ollada comparativa por saber cales son os temas que ocupan os que pasan por ser os espellos da sociedade. De aí saen contrastes com oomo o feito de que LVG fale máis de economía que de política; o cal permite a conxectura de que o debate político na Galiza é moi baixo, por exemplo se comparamos o dato co que ocorre en Catalunya. Velaí unha liña de investigación na que cómpre afondar. Tamén lin con moito interese o de Luís Álvarez Pousa («Prensa e identidade na Galicia do atraso»), tamén, esta explicación da evolución da prensa na Galiza.
Mais volvamos ao de Fermín Bouza, porque ben pode ser que sexa por culpa dese escaso debate político na sociedade, ben pode ser que que aí estean parte significativa das razóns do seguinte: non deixa de ser curioso e significativo que unha das mentes máis preclaras da Galiza moderna e actual, unha persoa intelixente, culta e que sacrifica toda a súa vida por e para Galiza, estea francamente desaproveitada. É como para dar con pedras nos dentes, é. Vergoñento, nunha palabra.
No propio libro pode constatarse, creo, desde o inicio. Imaxinan quen presenta a Beiras? Pois Eduardo Galeano. Así:
A primera vista parece un león.
Y es.
Pero tiene la delicadeza del ciervo,
la paciencia del gato,
la lealtad del perro,
la solidaridad de las aves, que se ayudan en el vuelo,
el sentido del honor del toro de lidia, que se crece con el castigo,
y la inteligencia de los raros hombres que dan prestigio a la condición
humana.
Gallego tenía que ser.
Preciosa presentación, nada da sagaz e intelixente observación.
A pregunta: como permiten os galegos que unha persoa así xogue un papel secundario no futuro da terra galega?
A resposta: vainos como nos vai, mal, como nos foi sempre; nin pode irnos ben poñendoa a gobernar medianías ( tirando para abaixo, Feixó, ou ex-esbirros franquistas, Fraga; outros houbo, poucos e de pouca dura como para que tiveran influencia) en lugar de aproveitar os seus mellores capitais intelixentes e humanos. E, neste caso, a reiteración é sintoma de cegueira.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>