ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Marzo, 2012

lóxica eclesiástica e lóxica natural

Posted: Sábado, Marzo 31st, 2012 @ 7:51 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lóxica eclesiástica e lóxica natural

VaiFeixó e seica fala e di que isto é como Alemaña! É que Feixó ten unha lóxica un chisco rariña, rariña. Son eles, fíxense, os que nunca falan de recurtamentos… NOOOON para eles son axustes… Aínda que se refiran ao mesmiño. Digo eu que, co fervorosos católicos que son, ben podían aplicar a lóxica eclesiástica. […]

tremenda faltada de Feixó

Posted: Xoves, Marzo 29th, 2012 @ 4:43 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tremenda faltada de Feixó

As palabras irrespectuosas, na boca do PP, comezan a ser preocupantes nun vermello moi acusado. Xa, o de Blanca Cendán, é un insulto en si. Á razón en primeiro lugar. E á cultura galega, por suposto. E as escusas aducidas non lle serían admisíbeis nin a un neno de preescolar ( esa preescolar que tamén […]

sobre a folga

Posted: Mércores, Marzo 28th, 2012 @ 8:29 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sobre a folga

1)Dous homes conversaban -E mañá obrígannos a facer folga… Utentes da piscina, coma min. -Obrigar…non, ho. O que pasa é que se eles van á folga nós non podemos vir nadar… -Eu…non che sei, agora arranzan todo con folgas…En fin, deixar ir indo… Reflexión miña: mentres sigamos con este ripo de mentalidade pouco futuro ten […]

a lección de María

Posted: Martes, Marzo 27th, 2012 @ 6:24 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a lección de María

María é boa alumna, e boa lectora, nunca se nega a a ler nada e sempre ten interese por ler. María, xa o comentei nesta Ferradura, deixoume fondamente preocupado. Estaba lendo a Celso Emilio Ferreiro ( Longa noite de pedra) e díxome que non o entendía. Antes de continuar, pouco, e anecdótico, tiña lido María […]

os mellores libros de 2011

Posted: Sábado, Marzo 24th, 2012 @ 3:04 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

FICCIÓN Candidatos: Extramunde, e Laura no deserto Cústame moito traballo decidirme por algunha das dúas, Xavier Queipo vai de máis a menos e Riveiro Coello dilúe en exceso a tensión. De todos xeitos, o mellor libro de 2011, na miña opinión, non é de ficción. NON FICCIÓN Son moitos os candidatos. Tampouco resulta doada a  […]

fútbol e literatura ( O penalti de Fuco)

Posted: Xoves, Marzo 22nd, 2012 @ 9:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en fútbol e literatura ( O penalti de Fuco)

Como dúas paixóns que son, teñen compatibilidade. Afonso Eiré ,vén de publicar O penalti de Fuco. Súmase así aos autores galegos que o teñen tido como tema. Desde Manuel Rivas, a Vázquez Pintor, pasando por Gómez Xurxo. Tamén é de lembrar que ilustres nomes da cultura galega foron irreductíbesi afeccionados ao balompé, como Castelao. Ando […]

crise, política e decencia

Posted: Mércores, Marzo 21st, 2012 @ 10:16 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crise, política e decencia

Mírese po ronde se mire: crise. E o peor xa non é a crise económica. Porque hai outra, máis fonda e preocupante, que a economóca destapa e ante a que a xente permanece impasíbel. Non abondandando con que os bancos sexan a orixe da crise…e se estean a lucrar coa crise… Xa nin os culpábeis […]

poesía, cinismo e política

Posted: Martes, Marzo 20th, 2012 @ 5:34 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en poesía, cinismo e política

Hoxe, no Día da Poesía, retomo esta Ferradura logo de non poder escribir nada nas últimas xornadas. Mira que dan a lata as tendinites! Tanto os discursos do Rei Xoán Carlos como no de Raxoi conteñen doses dun cinismo innegábel. Non vexo eu moi lóxico que Xoán Carlos Rei vaia celebrar unha Constitución de 1812 […]

Raxoi, segundo o poeta persa Sa´di de Shiraz

Posted: Venres, Marzo 16th, 2012 @ 9:57 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Raxoi, segundo o poeta persa Sa´di de Shiraz

Para os atrasadores, para todos os que enchen o mundo de toupeiras até que xa pensamos que o mundo é unha grande touperia. Este (precioso) poema de Sa´di de Shiraz, poeta persa ( 1213-1291): Conto 1, do Livro IV – Das vantagens do silêncio (fragmento) O homem perverso, ao ver o homem piedoso, Trata-o como […]

dúas lecturas de hoxe

Posted: Xoves, Marzo 15th, 2012 @ 10:27 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dúas lecturas de hoxe

Lean aquí, a inutilidade dunha autonomía, cuxo presidente ten que recuar e é o presi nacional, é o goberno nacional quen resolve os problemas autonómicos. Lean, na historia, o que custa traer o AVE. Tivo que pasar por mans dun ministro de Fomento. E veremos se é, sentando na Moncloa un galego, que por fin […]