ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o nacionalismo e a actualidade

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 2 Marzo 2012 @ 7:48 p.m.

-Moi pouca elegancia estou observando no BNG, a respecto das baixas que van tendo. Moi pouca, e síntoo, moito. O da planificación dos abandonos xa é pasar a raia, paréceme grotesco, e politicamente nada positivo desenterrar, máis outra vez, a teoría confabulacionista. Sinxelamente, quen traballou, ao lado dos que quedan no BNG, por unha Galiza mellor non merece este trato simplemente porque se decatou de que non está no lugar axeitado. Digo que o sinto, e moito. Os do BNG nonestán demostrrando estar á altura como políticos. Nesta situación, e xa que se queixan polo abandono, corresponderíalles demostrar aos disidentes que se equivocaron. E o que estána a facer é outra cousa.

-Feixó, ese presidente inútil, presenta como un logro a reduccción do déficit. Vaia logro, presentar como mérito a decisión de non gastar! (De non gastar no propio, porque para os ultrarrelixiosos hai os cartos que non hai para a cultura galega..!)

-No PSdG tampouco a auga baixa mansa. Helena Espinosa, a reivindicar que foi ministra, a facelo valer para non perder comba, unha ministra gris, gris escuro, gris moi escuro. Se ela é alternativa no PSdG, mala cousa, seguen sen ideas e coa mediocridade negándose a abandonar o protagonismo. E se vén da man de Caballero, ese alcalde prepotente, e inculto e cheo de prexuízos contra todo o que sexa galego, vamos: un Conde Roa á sociata, moito peor.

E Mentres, Caamaño, único que, polo que se ve, podería liderar entendemento co sector galeguista e co nacionalismo, esperanza que amortece e esvaece.

-Coma sempre, as boas noticias chegan da man do traballo humilde e grande. Praza pública e Dioivo, dá gusto lervos. As boas noticias chegan da man da cultura, esa cousa que Feixó, Raxoi, Caballero, Conde Roa…desprezan abertamente!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.