ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Feixó ameaza, LVG é o seu escaparate

Filed under: MENTIRAS NOS MEDIOS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 8 Marzo 2012 @ 6:34 p.m.

Pode que os sorprenda a contundencia esmagadora deste artigo: Feixó non acepta leccións, nunca os burros, por moito que pregoaron esa consigna, chegaron a cabalos, sempre seguiron igual de burros, loxicamente; Feixó, di que xa se tomaron medidas; Feixó di que acabará nos tribunais quen o relacione coa Campión.

Claro que, se un le primeiro estoutra (Dorribo a Cobián: “Feijóo me dijo que va a mover la ayuda del Igape”) quédalle claro que non relacionar a Feixó coa Campión é mentir a favor da inxustiza. Non só iso senón que non é Feixó o único da Xunta que resulta pringado.

Xa resulta curioso que LVG só transcriba pedazos de conversa que tratan de implicar a calquera que non sexa do PP, e a calculada presenza das siglas dos PP, calculada e minimizada a tope. Porque, sinxelamente, é terxiversar, manipular co abxectivo de que non se coñeza a verdade.

O que me resulta totalmente indignante é que sexa voceira dunha ameza a quen compareza declarar na Campión. Porque iso é o que fai Feixó coas súas declaracións.

A mesma noticia recóllea tamén EP, mais non se pode dicir o mesmo de EP que de LVG. EP tamén dá a noticia, esa ameaza de Feixó, mais o contexto é outro, tan outro que pouca dúbida me queda da implicación de Feixó.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.