ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 13 Marzo 2012 @ 7:17 p.m.

Agora, que rematei a lectura de Dark butterfly, teño que volver lela, polo menos a primeira metade. Non escolleu Rexina Vega unha novela doada. Nada doada, esta viaxe á loucura. Porque non é unha narración en aséptica terceira persoa, escolleu a primeira persoa para este mergullamento nunha razón esfarelada, nunha personalidade ocupada por nomes de fármacos e horarios prescritos. Ao longo de 15 anos, desde os 20 aos 35. Cómpre un espírito moi forte, non serve calquera. Ou ser alguén coa frialdade suficiente para que non che afecte o que escribes.

Digo que a teño que reler. A miña opinión sobre a novela foi mellorando segundo ía pasando páxinas, por iso quero relela. Porque na primeira metade non achei nada non agardábel, atopeina nada novidosa. Esa é a parte que teño que reler. Porque despois, cando sae do hospital, despois hai historia e ábrese a posibilidade de atopar algo novo. E esa apertura, coincidente coa saída do hospital, pode ser conveniente narrativamente falando…sempre e cando se manteña a tensión antes. Comigo non sucedeu, por sio quero relela.

Deixo, para rematar esta abotación, algúns subliñados.

Hai que deixar de ensinar palabras. Nada pode ser dito ( 143)

…………………………………………………………………….

E é que todo vai comesto pola paisaxe, todo devorado e deglutido, todo defecado e parido (168)

…………………………………………………………………….

O sufrimento abriu os meus ollos, alimentou a miña percepción (169)

…………………………………………………………………….

A vida é lenta e a esperanza violenta ( 138)

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario »

  1. Unha viaxe á loucura. Anotación de Xosé Manuel Eyré sobre «Dark butterfly», de Rexina Vega | Xerais:

    [...] crítico Xosé Manuel Eyré volve no seu blog sobre a novela Dark butterfly, de Rexina Vega, cunha anotación. [...]

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Deixa un comentario

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(obrigatorio)

(obrigatorio)