ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2012

u-la xestón seria e eficiente?

Posted: Luns, Abril 30th, 2012 @ 10:46 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en u-la xestón seria e eficiente?

Hai cousas ben malas de entender, e esta é, presumo, unha delas. Porque resulta que hai un partido político ( todo podemos identificalo sen problemas, e se outro(s) fora(n) o mesmo sería) que non para de fachendear dunha xestión seria e eficiente. Xusto o mesmo partido que, de xeito tan maioritario que ben se pode […]

quen é quen en Os fillos do mar

Posted: Sábado, Abril 28th, 2012 @ 1:04 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en quen é quen en Os fillos do mar

Non pretendo ofrecer un dramatis personae, non é unha listaxe exhausitiva, mais, a falta de personaxes secundarias, velaquí teñen a fariña coa que Pedro amasou unha novela que está dando moito que falar/ler * Simón: arquitecto vigués, que sobrevive como pode, encárganlle un traballo no que ten que actuar sobre unha fonte nun pazo de […]

quen son os “atrasados”

Posted: Venres, Abril 27th, 2012 @ 12:15 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Miramos no Diccionario da RAE.  A buscar, a palabra urbano: 1.-adj. Perteneciente o relativo a la ciudad. 2. adj. Cortés, atento y de buen modo. 3. m. Individuo de la milicia urbana. Agora miramos, rural: 1. adj. Perteneciente o relativo a la vida del campo y a sus labores. 2. adj. Inculto, tosco, apegado a […]

lectura e vida

Posted: Mércores, Abril 25th, 2012 @ 5:47 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lectura e vida

Moitas veces, cando saco ou cabalos ou lles dou de comer ás pitas, pregúntome porque tanto odio por parte da sociedade cara ao campo e o pobo. E cheguei á conclusión de que non é o traballo, nin o frío, nin  a falta de empresas e negocios o que fixo que a xente marchara do […]

actalización, contra a censura, e algo de vitaminas

Posted: Martes, Abril 24th, 2012 @ 5:44 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en actalización, contra a censura, e algo de vitaminas

A monarquía adoece, foi poñer a ligazón do vídeo El Elefante del Rey e desparecer de Vimeo. Porque será? Como creo que é o máximo interese, reatopeino no youtube, partido en dous pedazos. Velaí : parte 1 parte 2 Ademais, déixovos esta ligazón a Amores prohibidos, emocionoume moito. Xente así éncheche o corpo de forza que […]

o elefante do rei

Posted: Luns, Abril 23rd, 2012 @ 4:45 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Hoxe tocaba celebrar o Día do Libro, aínda que só fora porque a prensa, polo que eu vin, ou o esquece ou  relega a perdidas páxinas interiores…un dos inventos, unha das creacións humanas máis trascendentais de toda a HISTORIA… Porén, un camarada envíame este vídeo que resulta de visión obrigada. Son vinte minutos que desvelan […]

Premios da Crítica 2012: Antón Riveiro Coello e Olga Novo

Posted: Domingo, Abril 22nd, 2012 @ 1:02 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 3 Comments »

Veñen de se comunicar, en Soria, os Premios da Crítica Española para a literatura en lingua galega. Parabéns a Olga Novo e Antón Riveiro Coello. Por Cráter e por Laura no deserto Pódeno ler aquí. Parabéns aos dous por tan merecido galardón, por tan merecido galardón! Dúas obras que nos honran como galegos, non porque […]

como desestabilizar un sistema literario?

Posted: Sábado, Abril 21st, 2012 @ 6:15 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Veño de ler unha novela que me pareceu lamentábel. En si, o proxecto o narrativo, na miña opinión é moi pouco axeitado. Parte dunha idea da que se podía tirar moitísimo máis partido, moitísimo máis, indiscutibelmente. Porque deste texto pouco hai aproveitábel, nin as personaxes, nada, só esa idea de partida. E conte que non […]

alucina, vecina que estás en la esquina

Posted: Venres, Abril 20th, 2012 @ 8:12 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

O vindeiro luns estará Carlos Callón, nesta vila de Chantada, presentando o seu ensaio Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Atopo o convite nada máisd entrar na casa. Cando saio, a iso das 5 e pico, doume de fociños xon isto: VII feria andaluza y del caballo. Organiza Asociacion Ritmo Lugo. Colabora ( é dicir, […]

o regreso do torturador de nenos

Posted: Xoves, Abril 19th, 2012 @ 6:22 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Era polos noventa. Vóullelo contar para que o saiban, para quen saiban quen é o tipo que vai dirixir so Centro Dramáticoo Galego. Eran os ´90, como digo. Eu traballaba en Bande. Recibimos unha convocatoria de Guede, Manuel Guede, Director do CDG, para falar connosco. Acudín. Oínlle dicir o que xa todos os convocados sabiamos,  […]