quen son os «atrasados»
Miramos no Diccionario da RAE. A buscar, a palabra urbano:
1.-adj. Perteneciente o relativo a la ciudad.
2. adj. Cortés, atento y de buen modo.
3. m. Individuo de la milicia urbana.
Agora miramos, rural:
1. adj. Perteneciente o relativo a la vida del campo y a sus labores.
2. adj. Inculto, tosco, apegado a cosas lugareñas.
Viña eu para o traballo, na radio falaban disto. O contraste entre as acepcións dunha e doutra palabra evidencia unha clara despección do rural. Pois ben, imparto clase a alumnos do rural, xa quixera eu que os alumnos urbanitas foran a metade de ben guiados que os meus, a metade de civilizados.
Porén, contrastemos agora co que sucede se miramos no da RAG atopamos:
ruraladx. Relativo ó campo e á súa vida e manifestacións, [por oposición á cidade].
Medio rural. Poboación rural. ANT. urbano.CF. rústico
urbano-a: adx. Que pertence á cidade, propio dela. Zona urbana. Autobuses urbanos. ANT. rural.CF. cidadán.
Penso que a conclusión é evidente. Fronte ao prexuízo de «atrasado» co que os belixerantes castelanófilos nos zoupan, contrastar os dous dicionarios deixa ben claro que a cultura galega é ben máis mirada, ben máis respectuosa, ben máis moderna, ben máis humana, ben máis xusta.
2 Comentarios »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2012-04-28 @ 11.26 a.m.
Aqui nom estám de acordo coa tua visom quase que idealizada do ruralismo galego: http://galiciaconfidencial.com/nova/10311.html
2012-04-28 @ 12.28 p.m.
Para nada pretendo ofrecer visión idealizada ou idealizante do rural galego (que aboia en conflitos), só contrastar dúas realidades nas que poucas veces reparamos.
Beizón por unha achega, Marcel, que aínda salienta a imaxe retrógada do dicionario da RAE que eu expuxen…