ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2012

dous medos, e o espectáculo…

Posted: Xoves, Maio 31st, 2012 @ 6:46 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en dous medos, e o espectáculo…

Porque hoxe non teño outra senón navegar en varios galeóns. Dun lado o teatro radiofónico do Diario Cultural ( VI edición), que encetarei en canto volva de nadar. Doutro lado o Iria de Anxo Angueira. Ao que hai que sumar o Inflamable que onte comentei e aínda me arde no peito. E o Avó Ismail, […]

literatura para arder

Posted: Mércores, Maio 30th, 2012 @ 6:11 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 3 Comments »

Logo de que  Samuel L. París verquera na rede o Manual da destrución, un exorcismo de poesía punk do que xa nos temos ocupado nesta Ferradura en máis dunha ocasión, regresa á actualidade mais xa desde o papel que Positivas puxo á súa disposición. É dicir, regresa o memso espírito plenamente punk, lúcido como unha […]

a lingua clara e o chocolate espeso

Posted: Martes, Maio 29th, 2012 @ 5:33 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a lingua clara e o chocolate espeso

A única condición é a da calidade e relevancia dos contidos, ben como a preferencia polas obras en lingua galega, aínda que a depender dos ámbitos ese requisito pode ser flexibilizado ou mesmo non aplicable. Nun medio como Praza Pública, aliñado indiscutibelmente coa cultura galega, e nun afán de promoción da cultura propia, o salientado […]

Avelino Gómez ledo e a inhumanidade de Feixó

Posted: Luns, Maio 28th, 2012 @ 5:46 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Avelino Gómez ledo e a inhumanidade de Feixó

Para moita xente, tanto crítica como literatura son dúas activiades relativas á esfera do íntimo, de xeito que, polo tanto se conciben en órbitas non coincidentes coa da realidade. Mesmo para parte a crítica isto parece así, quizá como herdanza continuista de vellas prácticas pasadas que, precisamente, daban pé ao antedito. Que sexa lector desta […]

a verdadeira cara da crise

Posted: Sábado, Maio 26th, 2012 @ 12:15 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a verdadeira cara da crise

A actualidade vén guiando as nosas palabras das últimas anotacións. Desde prohibir a lectura para que ninguén saiba dos desmáns, manipulacións etecé do goberno (PP, Santiago e Madrid) e fiquen a salvo de toda mácula os “señoritos” ( xa se sabe, un “señorito” non está borracho senón alegre) mentres escarallan os peares sa sociedade do […]

PP, okupas, usurpadores e identidades de fotomatón

Posted: Venres, Maio 25th, 2012 @ 9:22 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en PP, okupas, usurpadores e identidades de fotomatón

Intención non tiña, mais a actualidade sérveme en bandexa que contiúe o tema de onte, no que falaba de okupas. Porque se dá a casualidade ( seguro que é casualidade?) de que o PP non se leva nada ben cos okupas ( lembran a teima de Conde Roa o Breve?), considéraos pouco menos que ladróns…cando […]

otakus, cosplayers e outros okupas

Posted: Xoves, Maio 24th, 2012 @ 5:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

A vida tende a te sorprender, como cantaba a quel moderno xograr transatlántico, e hoxe, pola mañá, mentres viaxaba cara ao traballo, na radio falaban de ExpOtaku. Otakus, para quen non estea informado, son as xentes fanáticas dos mangas e animes xaponeses. E os cosplayers aqueles que se visten como os seus heroes da banda […]

prohibir a lectura

Posted: Martes, Maio 22nd, 2012 @ 5:59 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

É o que falta. Os partidos gobernantes en Santiago e Madrid son tan amigos do fachendearen do bo xestores que son ( á ves que poñen aos que non son do PP como pésimos xestores) e levan tan mal iso de seren criticados ( non é difícil, senón todo o contrario, lembrar casos de censura […]

a (presunta) carta de JL Sampedro a Raxoi, e a cultura

Posted: Luns, Maio 21st, 2012 @ 6:39 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a (presunta) carta de JL Sampedro a Raxoi, e a cultura

Circula por internet unha carta de (presuntamente) JL Sampedro a Raxoi, na que se leva a cabo unha análise das actividades de Raxoi na Moncloa. En primeiro lugar non parece linguaxe propia dun autor como Sampedro ese comezo tan brusco, tan de barrios baixos. Sampedro é un home culto e sabe dicir iso mesmo cun […]

anacos de Cráter

Posted: Sábado, Maio 19th, 2012 @ 4:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en anacos de Cráter

Son débil, moito. Mesmo sendo o libro emprestado nun puiden resistir a tentación de salientar, co degoro da profanación, estes fragmentos do poemario de Olga Novo que agora comparto con vós. Complemento así o xa iniciado E aínda agora a lúa vella saca a túa porta de quicio morde a tú bisneta que fala co […]