ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

descrición animada dun poema infográfico de Xavier Cordal

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia — 11 Maio 2012 @ 9:26 p.m.

Vén na páxina 57, do Transmuta. Porque antes de nada ten que ir a localización; dicía un amigo de meu: seriedade pouca, mais que dure.

Concretamente, nun recadro, delimitado por liña fina. ( Diríase que coma o dunha necrolóxica, mais hai que animar)

Trátase do  organigrama da Cidade da Cultura de Compostela, aínda que na realidade enténdese mellor como plano do enxendro arquitectónico-culturaloide.

Hai dúas entradas, unha pola esquerda ( situada na parte superior) e outra pola dereita ( en tres cuartos do recadro, máis ou menos).

Animarse,  e entremos:

Se accedemos pola esquerda ( que un sempre debe saber de onde procede), o que atopamos, nada máis entrar, é o NICHO Nº 1 , continente da etnografía e os oficios do pasado; á fronte temos o NICHO Nº2, continente do cadáver de Castelao, mais un sinal de prohibido pasar impide o acceso; entre este nicho nº 2 e os número 7  e 3, continentes da Guerrilla Urbana (Ç) e o Centro Ramón Piñeiro ( xa no 7) acompañado de panteón e restaurante, entre eses dous nichos, sitúase o Posto da Garda Civil e un PUB indicado en diferentes tamaños e tipos de letra; xusto por debaixo destes dous nichos (7 e 3) está a entrada pola dereita; xusto por debaixo do NICHO Nº 1 está a Praza do Pacto ( antigo Campo da Malla) e ao seu carón a ZONA DE MANIFESTACIÓN, que é o primeiro que se atopa entrando pola dereita; debaixo da ZONA DE MANIFESTACIÓN está o NICHO Nº 4,  recibe o nome de Psicofonías e lugar para unah Residencia da Terceira Idade; ao seu carón, e para rematar, o NICHO Nº 5,  continente da Cultura Gallega, onde se anuncian conferencias en sesión continua:

08,30: La participación cultural

09,00: La cultura, cosa de todos

09,30: Por una sesión continua de conferencias en gallego

10,30: El gallego también vende

11,00: La participación cultural

11,30: La cultura, cosa de todos

12,00: Almuerzo

English version available

E non hai máis nada.

Conste que eu animeivos, eh…

É un poema actual, así que actuade, meus, queda moito futuro que conquistar

1 comentario

  1. Un poema infográfico de «transmuta», de Xabier Cordal. Por Xosé Manuel Eyré | Xerais:

    […] crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre un poema infográfico de de Xabier Cordal en transmuta. […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.