ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xuño, 2012

a nación e os reféns, despois da homenaxe a Agustín Fernández Paz

Posted: Sábado, Xuño 30th, 2012 @ 9:59 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a nación e os reféns, despois da homenaxe a Agustín Fernández Paz

Son consciente da importancia das crónicas contando a Homenaxe Nacional a Agustín Fernández Paz. Son moi consciente, sobre todo porque vivín como os media torpedeaban o acto, boten unha ollada a ver cantos daban conta do evento de hoxe en Vigo. Notei a súa ausencia, notámola todos. Mais, digo, sentado diante do computador despois da […]

a dignidade nacional chámase Agustín Fernández Paz

Posted: Venres, Xuño 29th, 2012 @ 4:44 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a dignidade nacional chámase Agustín Fernández Paz

Mañá, a Dignidade Nacional chámase Don Agustín Fernández Paz, e será homenaxeado en Vigo. Ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26). Despois nun xantar, ás 15:00 no Restaurante Carrís de Vigo ( Avda. Beiramar, 57). Mañá a Dignidade Nacional chámase Agustín Fdez. Paz. Non porque escribira moitos libros […]

a besta do Castor e o misterio da miseria moral

Posted: Xoves, Xuño 28th, 2012 @ 6:14 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a besta do Castor e o misterio da miseria moral

E vaste, emigras, tamén por todo iso, por ise noxo que non acaba, e serías quen de ir ata o cabo do mundo para fuxir de tanta miseria moral e da outra porque inda queda moito restroballo do que aconteceu (39) Estou lendo Esperando o leiteiro, de Don Xosé Neira Vilas, e este longo monólogo […]

de novo, no inicio

Posted: Mércores, Xuño 27th, 2012 @ 6:41 p.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en de novo, no inicio

Despois do día que tiven hoxe, até a min me parece ficción o que vou escribir. Que se onte falabamos da ciencia e do progreso, o de hoxe vai polo mesmo camiño. Rematado o curso, teño conciencia de que aínda non rematou. Négome, non tiven tempo a ensinar todo o que quería, malia cumprir a […]

breve discurso, subversivo e por unha nova ciencia

Posted: Martes, Xuño 26th, 2012 @ 6:06 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en breve discurso, subversivo e por unha nova ciencia

Físicos, químicos, matemáticos…os novos alqumistas, os alquimistas da modernidade, andan todos afanados na descuberta do universo. E, dentro desa descuberta do universo, unha cousa os ten tan fascinados como desconcertados: poder viaxar ao pasado ou ao futuro. Mais os novos alquimistas non son os únicos herdeiros da vella alquimia. Non, eles non son nin herdeiros […]

onde mercas ti?

Posted: Luns, Xuño 25th, 2012 @ 9:33 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en onde mercas ti?

O acto de mercar algo non responde unicamente á satisfacción persoal que representa acceder a algo que precisabamos; ou que simplemente nos gusta, que ás veces é tan simple como iso. Esa relación económica é algo moito máis complexo, e diso quen tira partida é sempre o vendedor, nunca o comprador. Sobre consumo responsábel xa […]

Feisbúscame e o humanismo perdido

Posted: Domingo, Xuño 24th, 2012 @ 5:06 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feisbúscame e o humanismo perdido

O día loce tan radiante hoxe como se onte arderan nas cacharelas todas as malas bruxas que envelenan a vida, e dentro dunhas horas a SD parte como favorira para lograr a segunda Copa de Deputación en 3 anos… e  o Lugo con vantaxe para subir a senda división. Si, mais desde onte cando ía […]

RG San Simón Gaiás e o rebote

Posted: Venres, Xuño 22nd, 2012 @ 5:55 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en RG San Simón Gaiás e o rebote

Poñerse a mirar as augas da actualidade, dá noxo, o noxo do indixeríbel. -Cando conducía para a casa estaban na Radio Galega, a redor das dúas e media. Case tiven que deter o auto para golsar, e iso que aínda non xantara. Resulta que van e soltan, polo das preferentes que ” os afectados polas […]

é tan evidente e que Raxoi continúe sen se dar por enterado…

Posted: Xoves, Xuño 21st, 2012 @ 5:49 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en é tan evidente e que Raxoi continúe sen se dar por enterado…

-Se xa van vir 100.000 millóns para desafogar as arcas dos bancos españois, que malia todo seguen exhibindo exercicios económicos nos que sempre gañan, que lles van ser inxectados en vea malia demostraren sobradamente que non o merecen…A ver, logo, porque segue subindo e subindo a prima de risco se xa se recurtou até límites […]

comentario sobre os comentadores

Posted: Mércores, Xuño 20th, 2012 @ 5:54 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en comentario sobre os comentadores

Abonda visitar calquera internética páxina dicada á información para contrastar a elevada cantidade de comentadores da actualidade que hai. Elevadísima. E non son eu quen se vai queixar de tal cifra. Non, malia que, como en calquera outra actividade, hai moi b@s columnistas e ao seu carón outros que o que escriben non pasa do […]