manual básico de autoaxuda para non parecer idiota ou do PP
Non teñan medo, non os vou aburrir con longas formulacións teórico-filosóficas nin histórico-político-pragmáticas. A cousa é ben sinxela.
Ben sinxela. Tanto como ver para crer. Ver para crer, no suposto de que a extrema dereita asente nalgo a súa política ( en materia cultural, educativa, económica, o que queiran) penso que ven podía ser ese dito tan apostólico ( atribuído a Santo Tomás) de ver para crer. Ben podería ser aínda que na extrema dereita non son tan católicos como queren parecer, e vailles moito máis o de crer para ver, ter absoluta fe (esa cousa indemostrábel) nos seus designios é a única maneira de non contradicilos, a praxe ideal de calquera cidadán modélico.
Porén, estamos no século XXI. No século XXI todo o mundo sabe que antes de usar calquera artiluxio cómpre ler o manual de instrucións. É dicir, cómpre saber. De xeito que o binomio ver para crer, ou crer para ver, só ten algunha utilidade se antepoñemos saber. Primeiro saber, despois ver e crer ou crer e ver, como queiran, mais primeiro saber.
Saber que? Non vai servir de moito saber que paar construír King-Kong se precisaron 20.000 rabos de cabalo. Igual quedas ben no bar, e sen saber que o Arde Lucus é unha festa de carácter político ( o pago/compensación do alcalde de Lugo pra que os mozos lle dean o voto). Ben claro, o saber comeza polo que temos a redor, por nós mesmos, polo próximo a nós e polo noso próximo. É dicir, pola lingua.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>