ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xullo, 2012

dá para desconfiar…

Posted: Martes, Xullo 31st, 2012 @ 9:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dá para desconfiar…

Na madrugada de onte rematei de ler un curioso libro de viaxes, Cando partín unha mañá de verán. Curioso, digo. Que fora escollido como o segundo mellor libro de viaxes de todos os tempos…provócame certo sorriso e ben estou seguro de que quen iso escribiu non leu nada de literatura galega, por exemplo ocórrenseme dous […]

Seara, versos escollidos

Posted: Luns, Xullo 30th, 2012 @ 12:38 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Seara, versos escollidos

Erguéndose o día o galo cantaba, no lugar chovía (18) ………………………………… E que lamban os cans as escumas ateigadas de morte en dentes que me chantan para saber do lume, para furar a pel e avoz…(19) …………………………………………. SON UN LÓSTREGO DE SILENCIO e todo se me deu no mundo (34) …………………………………………………………… El tiña un saquete […]

se che gusta comer ben

Posted: Venres, Xullo 27th, 2012 @ 1:46 p.m. in restaurantes,culinaria | Comentarios desactivados en se che gusta comer ben

En Rivadavia e n´A Estrada hai dous sitios que debes evitar. N´A Estrada, Samaná. Son dos de cociña de deseño. Son dos que confunden a cociña de deseño con presentar pratos de forma rara. Todo foi sen novidade deica o bacallau á galega. O revolto non estaba mal, é certo, malia que a presentación non […]

a imbecilidade crónica e o Día da Patria

Posted: Xoves, Xullo 26th, 2012 @ 7:27 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Logo de coñecer outro caso máis de imbecilidade crónica, fonda incultura e máis fondo desprezo polo ser humano, pedíame o corpo proñer a caldo a esa medicucha, esa pésmima profeisional, xa sen entrar a valorar outros aspectos dela como persoa, mellor dito como ser bípedo dotado dun cerebro que só uso para chapar na carreire […]

cultura, Resistencia e crise

Posted: Martes, Xullo 24th, 2012 @ 12:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en cultura, Resistencia e crise

É importante saber cando se fan as cousas, e que cousas se fan. Atópome lendo Seara, xa onte dixen, a poesía comunal de Vázquez Pintor, compilación de 40 anos de poesía. O primeiro libro en aparecer é Gándaras (1971). A lectura de Gádaras evócame so tempos da Resistencia ao Franquismo, o cal vén sendo mérito […]

o libro perdido e o libro lido

Posted: Luns, Xullo 23rd, 2012 @ 4:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Tamén nos pasan estas cousas aos críticos, esta a gozar da lectura da novela de Xesús Cosntela 15.724, a gozala grandemente, porque o narrador desta enorme fabulación ten a virtude do engado, préndete das palabras e vaite levando como un hábil contador de fábulas, un hábil contador de fábulas que tamén sabe que na fábula do […]

breve anotación sobre o Día da Patria

Posted: Domingo, Xullo 22nd, 2012 @ 4:14 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en breve anotación sobre o Día da Patria

Achégase o 25 de Xullo, un día especialmente importante no meu almanaque. Lévoo vivindo desde o ano 78 e sempre para min foi un día integrador, un día no que visitar as manifestacións e actos das diferentes “sensibilidades” nacionalistas que ese día fan de Santiago de Compostela un escenario para a comuñón e a irmandade. […]

salvar Biblos

Posted: Sábado, Xullo 21st, 2012 @ 12:11 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en salvar Biblos

Na Casa Grande do Bachao, onte, soubemos que o  Premio Biblos quedaba deserto. O xurado, do que formaban parte a escritora María Xosé Queizán, que sería a titora desta edición, e Iria Morgade como gañadora da anterior, lamentou a baixísima participación rexistrada “cando vivimos tempos en que a cultura e a imaxinación son máis necesarias […]

Premio García Barros 2012 para Santiago Lopo

Posted: Xoves, Xullo 19th, 2012 @ 6:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Premio García Barros 2012 para Santiago Lopo

Da deliveración que, esta mañá, en A Estrada, mantivemos Inma Otero; Carlos Louriro, Luís Alonso Girgado, Carlos Lema, e quen lles escribe, saíu escollido como novela gañadora Tempus fugit, que unha vez aberta a plica soubemos autoría de Santiago Lopo A novela ( Tempus fugit)  escríbese desde unha variedade de rexistros notábel (cartas, poesía, informes. […]

Raxoi, o cáncamo

Posted: Mércores, Xullo 18th, 2012 @ 12:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Raxoi, o cáncamo

conclusión de que esta definición lle acae moi b No vocabulario mariñeiro para auxiliar a lectura de Iria, unha das palabras que pasei traballos para definir foi cáncamo. Leo, hoxe, no meu correo unha achega de Xosé Vázquez Pintor, que me informa de que, polo mar de Cangas, cáncamo é o xeito de nomearen o […]