ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sobre a Fundación Celíaca e o mausoleo da escrita

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 4 Xullo 2012 @ 12:40 p.m.

Un animal é como é en virtude de como o su dono lle pide que sexa .Os fillos non nacen maleducados, constestóns, egocentristas etecé, son os pais os que os fan así. Nin tampouco o carácter de cada un de nós é como é en expresión do libre albedrío, é o contexto o que nolo crea e alicerza. Quero dicir que a Fundación Cela, os problemas que ten, non son a fotografía casual de que puntualmente malos xestores a teñan así. Quero dicir que as mañas orquestradas para facerse con cartos irregularmente non son alleas ao espírito CJC. Nin moito menos, abonde lembrar aquel escrito no que Cela se comprometía a actuar de espía-delator, no ambiente en que se movía, despois do Golpe de Estado Franquista. É máis, fundacións deste estilo non teñen explicación se non conservan o espírito do escritor que invocan. Poñan como contraste refutacional a Fundación Rosalía, no  mesmo Padrón tamén, que agora rexe don Anxo Angueira, se non gardara o espírito da autora de Cantares desvirtuaríase de tal xeito que porían en cuestión a súa existencia.

Quero dicir, tamén, que a propia escrita de CJC é froito tamén do mesmo espírito, non é un xuízo estético mais si ético ( e a estética sen ética só leva á perdición(tamén estética)). Abonde lembrar as acusacións de plaxio. Abonde lembrar os “negros” que pagaba para que redactaran primeiras versións que logo el reescribía ( máis ou menos) á súa maneira. Abonde lembrar os asesores pagados. Todo para conformar unha escrita que é unha boa imaxe da escrita moderna, non moi diferente dos experimentos levados a cabo con ferramentas informáticas que prescinden da figura do autor.

E fronte a todo isto, a despersonalización, a carencia de ética, a estética pola estética, cómpre lembrar que a, tantas veces deostada, escrita de xénero  se erixe como gardián dos valores éticos, ela, precisamente ela, cando precisamente é acusada de non os ter. E nalgúns casos non os terá, indubidábel, mais non sempre é así. Por exemplo, a ficción científica en Exogamia 0.3, de Caride Ogando, sería tan boa como é de non ser polo espírito do autor, sen a preocupación social que revela a obra? Sinxelamente, non.

Na man do lector está escoller escritas socialmente útiles, e, polo tanto, tamén individualmente, ou epatantes mausoleos rococós da escrita sen espírito ou con espírito trapalleiro.

E na man da crítica está reflectilo, e se non o fai…

E na man do lector/votante está aplicar esta lectura á súa vida de todos os días/eleccións…

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.