a escrita brutal de Mario Regueira ou a razón da poesía
Xa petiscara en O silencio aí atrás, e funo deixando para retomalo agora con máis vagar.
O que vou escribir agora é relativo ao primeiro poema (9-10), do mesmo título que o poemario, e posibelmente poema concibido como presentación ou anuncio do que será o poemario.
Coma os pactos impostos, as definicións,
a mordaza.
Os cabalos apertan o tiro cos dentes,
morden o sabor metálico da liberdade ou o sangue
Sorprende a imaxe que define o silencio, e fixémonos que a delimitación é froito dunha imaxe,e, como tal definición ou delimitación, supón unha etapa de intensa reflexión que deixa uns resultados así de sorpresivos, así de sorpresivos por así de exactos e tamén pola natureza dos vocábulos que a(s) permite(n): política, lexicografía, mundo criminal.
Por se non era suficiente a sorpresa ,esa delimitación definitoria vai seguida dunha outra imaxe, que, lonxe da esfera do pensamento (filosofía, poesía, lingua) nos sitúa nunha narratividade tan abstracta como concreta, pretendendo , e logrando, que se visualice concepto antes exposto e anunciando posíbeis desviacións, desviacións máis procedimentais na construción do poema que temáticas.
De feito, esa imaxe continúase na estrofa seguinte, cos exércitos pasando baixo o Arco do Triunfo parisino. O silencio forma parte dos vellos exércitos (…) París era un xoguete (…) París era un cabaré enorme (…) A resistencia é un metarrelato. Mais esa imaxe constrúese desde un estado valorativo posterior ; vellos exércitos, cabaré, xoguete son cualificativos aos que só se pode chegar desde un enxuizamento posterior, ou iso é o máis habitual. E ese estado (dinámico) de valoración posterior acada un nivel de abstracción ( e concrección) máis elevado na sentenza A Resistencia é un metarrelato
Sempre imos cara adiante A voz poética non dubida en aliñarse. A voz poética é tamén voceira da personaxes. Unha sorte de épica ( da humanidade) malia todo, malia a insignificancia que pecha nun cepo a trascendencia.Obsérvese esoutra sorte de antítese ( insignificancia, trascendencia) na imaxe cepo da mordaza.
Séguese descrición narrativa dos efectos cuasados pola guerra. E volve a voz das personaxes, nun plural inclusivo que tamén soporta voz autorial. Non quixemos que nos definisen. Pero o último insulto era/o noso nome./ E perdémolo para sempre.Desde ese plural inclusivo, plural pontem tamén hai lugar para e denuncia/inclusión da actualidade ( ou como a historia é un círculo e non sempe as guerras son beilicismos con armas de fogo). O silencio rotal como perda da identidade. Sociolingüística, filosofía, historia, humanismo
Resistencia é un concepto baleiro. O que importa non é o concepto, senón o feito. Como non vai ser un concepto baleiro se a xente perde a identidade? Séguese unha descrición da renuncia, así como a necesiodade de reconsideración das metas, dos obxectivos.
E despois vén unha descrición narrativa dos amores entre dous rapaces, que reproducen sen querelo algún dos poemas narrativos de Kavafis. Descrición da inconsciencia. Entre parénteses, paréntese confidencia,, confidencial ou necesidade de aclaración, necesidade aclaración produto da incapacidade continente do poema ou da lingua, capacidade de contienencia pois a mensaxe é de tal envergadura que dificilmente cabe no poema.
Por iso chega a interpretación final:
Exércitos pasando baixo as pernas do triunfo. Os vencedores: ese vencidos. Quen gaña? A abstracción concreta do triunfo.
Os filmes non tiñan son, nin sequera, cando eran en cor. Obsérvese esa sorte de oposición entre son e color. O silencio eterno.
No meu barrio só os gatos teñen dereito a amarse.
Os demais traballamos. Denuncia definitiva da soidade humana, sociedade enmarcada entre guerras e a opresiva violencia dun capitalismo atroz e despersonalizador como as guerras.
Escrita intersticial, interxenérica porque Mario Regueira entende que a poesía é o xénero definitivo, o xénero no que todo pode caber. Reivincidicación da poesía total, que tamén é a poesía aliada da humanidade. Poesía de intgervención. Hai poesía se é doutro xeito?.
Poesía brutalmente total.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>