ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crise e humanismo

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 6 Xullo 2012 @ 6:27 p.m.

Levo menos dunha semana vacioneando en Esteiro. E hai moitísima menos xente que o ano pasado. A primeira que boto de menos é a de aquí, esteiráns. Imaxino que andarán por Canarias ou por New York, dous dos destinos preferidos. Particularmente boto de menos a xente nova. Moito de menos. Non os trataba, compartiamos praia todos os anos anteriores, coñecíaos de vista. Desa xente que che cae ben, aínda que non a coñezas a súa actitude empatiza contigo fortemente. Éranme unha preciosa garantía de futuro Nin quero facer contas de cantos levarán marchando nos últimos doce anos.

Na remuda dos que non veñen, cando esta se produce, chegaron máis pijitos. Porén, o dato curioso e revelador é outro. Deixaron de vir as Claudias Superpijas ( o mote non llo poño eu, foi  dito por ela mesma), e outras xentes que se facían pasar por de moitos perindengues, de moita aparencia e a casa sen varrer, de moito comer fóra porque na casa non había quen fregara. Quen, curiosamente está aquí desde o primeiro día é un madrileño de orixe, de non moitos recursos esconómicos e que el só tira para adainte pola vida e cos fillos. Nos tempos que corren non deixa de ser toda unha lección.

Cómpre case unha milagre para que as clases acomodadas, ou aqueles que “se consideran clase acomodada” e farán o imposíbel para así ser tidos, cómpre case unha milagre para que esa xente lembre os mínimos conceptos de humanismo. E, malicio, outra milagre cómpre para que a xente de clase social menos favorecida saiba o que é o humanismom alén de condutas humanitarias máis ou menos puntuais. De xeito que si se pode dicir que é unha milagre que o humanismo, como corrente filosófica e cultural centrada no ser humano e que procura o seu máximo desenvolvemento, sobrevivira deica os nosos días. Porque ao pijismo, porque aos fillos de papá o único que os preocupa é a aparencia persoal. E agora a crise está dando a verdadeira imaxe antidemocrática, antigregaria, dandy, exclusivista e nada humanitaria.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.