estamos en guerra
Veño de escribir a crítica de O silencio, de Mario Regueira.
Remata así: En defintiva, eis unha poesía brutalmente supraxenérica, na que tan ben se recoñecen microtextos nacidos á beira do feito poético como estes poden derivar noutros de carácter descritivo, interpretativo ou narrativo. Pois velaí o que non pode faltar, a interpretación, a menos que a lectura sexa tan baleira como a cegueira dos que non saben que estamos en guerra.
Non quixen incluír na crítica o que agora vou escribir, pois volvería esta demasiado extensa, mais hai un dato moi a ter en conta. A poesía está a nos avisar dunha guerra que a maioría da xente non ve, a guerra contra o imperialismo. E non é só a voz de Mario Regueira a teimar nisto. Se cadra mesmo se podería falar dunha xeración de poetas en guerra ( contra o imperialismo), onde habería que incluír outras voces como a de Oriana Méndez, por exemplo. Porén non é no número e nome de compoñentes onde eu incidiría, sempre che esquecería algún, senón no grao de convicción formalmente expresado. Porque desde os noventa a hoxe deben ser moi poucos @s poetas non convencid@s da guerra contra o capitalismo, moi poucos. Mais formalmente non todos optan por levar esta guerra aos seus textos, e entre os que o fan tampouco o grao de convicción se expresa por igual.
E se procuramos antecedentes, Méndez Ferrín. Non sen pasar popolo tremendo ascendente de Chus Pato na poesía a partir dos 90.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>