vocabulario mariñeiro para auxiliar a lectura de Iria
Ha virlle vén a todo aquel lector, da Iria de Anxo Angueira, de secano que non estea habituado á terminoloxía mariñeira (tamén mariñeira de río) da ría de Arousa. Empreguei, en orde de frecuencia, o Dicionario de Dicionarios, o Dicionario da Real Academia Galega, o Viktionary nalgúns casos, tamén me servín desta bitácora e do da RAE. O vocabulario, agás meo e couse, está elaborado segundo orde de aparición na novela. Nalgún caso nondei atopado significado
meo e couse: babor e estribor
singrar: navegar
plan: fondo da embarcación
cofear :rascar suavemente
toutizo: elevación do terreo
chicote: cabo, corda
cáncamo: lugar onde está situado o mecanismo para elevar as velas. Non o atopei en ningún dicionario, é o que entendo eu
abalroado ( a un arró de terra): disposto contra, chocado contra, varado contra
arró: faixa de terra erguida, á beira dos ríos, para defender as leiras das cheas
estacha
poutada: especie de áncora de madeirsa e pedras
imbronais: na cuberta, burato para desaugue
insua: illa
cangrexa: nome dado a toda vela en pico ou trapezoidal
foque: vela triangular, na proa
tambuche: departamento onde se gardan as cordas
bita ( estacha en ): peza cilíndrica e firme que se utiliza para amarrar os barcos
norai: amarre
obenques: cabos grosos cos que se suxeita e sostén un pau ou mastro, cos estais conformam a parte máis importante do sistema de suxección e seguranza da arboladura
botalón: Pau longo de dimensións proporcionadas e aparellado convenientemente, que sae fóra dunha embarcación ou das vergas dun buque para marcar as velas
bauprés: Pau groso que sae da proa para fóra con máis ou menos inclinación cara o horizonte, e que sendo un dos principales da arboladura, sirve para marear os foques e facer firmes os estais
zapón: abertura, trapela que se pecha cunhas táboas e que comiunica o nivel superior co inferior
caperol: roldana que leva a chalana na proa e que serve para o amarre
raca: argola grande, metálica ou de madeira, que se coloca arredor dun pau ou dun cabo para facer subir, baixar ou xirar ao redor del unha
vela, bandeira etc. Permite izar tirando dun cabo
relinga: corda que leva a vela nas beiras para darlle consistencia
penol: extremo posterior da verga da vela dunha embarcación
escota: cabo co que se gobernan as velas dunha embarcación
varón: o que dei atopado foi isto
trasluchar: cambiar o rumbo da vela
estrinque: cabo que parte do extremo superior do mastrol e que se ata ou suxeita no banco de escota.
cufiño: primeira divisíon da popa, onde se botaba a pesca
racú: Embarcación pesqueira de popa arredondada, que nun principio era a remo e vela e logo se adaptou para ser de motor
botavara: en galego tamén é retranca, pau que sostén a vela cangrexa
orzar: Virar o buque, dirixindo a proa desde sotavento a barlovento. Darlle ao temón o ángulo preciso para realizar esta manobra.
ramboia: cantrabando (nocturno)
arracamento(s): corda que se ata no terzo anterior da verga ou entena
ichama: anaco de ferro da barra onde traballa o remo
ostaga: Cabo que serve para suxeitar as velas de gavia
caverna(s): paus en forma de u ou v, que van entre couso e meo, e lle proporcionan á ambracación a forma, como unha caverna ou coba
balo ( balar): Golpear [o mar] cos remos ou con outra cousa para asustar o peixe e dirixilo cara ás redes
bilurico: Ave limícola da orde dos caradriformes, coa plumaxe apencada, de tons grises na parte superior do corpo e abrancazada na inferior e o peteiro longo, da que existen diversas
especies
charrela: Ave da familia dos fasiánidos (Perdix perdix), de cor parda apencada no lombo, pescozo e peito cincentos e ventre branco cunha mancha castaña en forma de ferradura
arreeiro: algún tipo de paxaro que pousa moito na area? ( chámaselle así a un tipo de peixe parecido ao linguado, mais non vén a conto porque os outros da enumeración son aves
ués:
estrobo: no DRAG: 1. Aro de corda que suxeita o remo ao tolete. Teño que facer outros estrobos que estes xa van gastados. 2. Aro ou lazo de corda, varas etc., que suxeita a cancela ao poste en que se apoia ao virar. Ao cederen os estrobos caeu a cancela. 3. Lazo que vai no centro do xugo e que serve para suxeitalo ao temón do arado ou á cabezalla do carro, por medio da chavella. Un estrobo de coiro. sin. lora, loro 1 , sabexugueiro, sobrexugo . 4. Calquera lazo de corda ou varas utilizado para suxeitar distintos aparellos. Nalgúns lugares empregan estrobos para suxeitar os ladrais aos fumeiros. 5. Pau ou madeiro en que descansan diferentes pezas ou obxectos. O estrobo serve de apoio á cabezalla. Os estrobos que sosteñen as tesoiras dos tellados. Mantén aberta a artesa cun estrobo.
corre: vara fina
armela: no DRAG: Aro de metal que se usa para chamar ou xira para levantar o picaporte. A armela estaba toda enferruxada. sin. aldraba, batedor, chamador, petador, picaporte. 2. Asa grande en forma de semicírculo dalgúns recipientes. Colgou o pote pola armela encima do lume
bolra: dela penden moitos fíos
bolinar: ir contra a dirección do vento
2 Comentarios »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2012-07-16 @ 11.20 a.m.
proba a buscar cáncamo nun dicionario español, ou cavilha nun portugués, e saberás o que é sen teres necesidade de supolo
2012-07-16 @ 8.59 p.m.
Busquei, busquei, mais eu son de secano, de vocabulario náutico pouca idea teño, busquei mais desboteino por poiuco concreto. Erradamente, polo visto…
Beizón pola achega, ninguén, agardo que non haxa maís incorreccións.