ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

breve anotación sobre o Día da Patria

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 22 Xullo 2012 @ 4:14 p.m.

Achégase o 25 de Xullo, un día especialmente importante no meu almanaque. Lévoo vivindo desde o ano 78 e sempre para min foi un día integrador, un día no que visitar as manifestacións e actos das diferentes “sensibilidades” nacionalistas que ese día fan de Santiago de Compostela un escenario para a comuñón e a irmandade. Por iso escribo esta anotación. A recente fractura do Bloque e a présa que este se deu en organizar o 25 de Xullo fan que me pareza que quere patrimonializar o 25 de Xullo, o Día da Patria. E non me gusta. Tal e como eu irei á súa manifestación ( malia os Severinos, as Pepas e as Pilares monfortinos, e todos aqueles que permitiron/permiten homenaxes a Franco), así me gustaría que eles foran quen de saber acoller e irmandarco as outras bandeiras que xa non son a do BNG (aínda que a da estrela vermella vaia no corazón). Distinguímonos porque Galiza é a nosa única misión. E non poderemos seguilo dicindo se non o poñemos en práctica. É máis, o resto da sociedade saberao se o ve, se nolo ve.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.