ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

se che gusta comer ben

Filed under: restaurantes,culinaria — 27 Xullo 2012 @ 1:46 p.m.

En Rivadavia e n´A Estrada hai dous sitios que debes evitar.

N´A Estrada, Samaná. Son dos de cociña de deseño. Son dos que confunden a cociña de deseño con presentar pratos de forma rara. Todo foi sen novidade deica o bacallau á galega. O revolto non estaba mal, é certo, malia que a presentación non me convenceu de todo. Mais o bacallau á galega é o peor que comín na miña vida. Tanto é o peor que o deixei sen comer. Sobre dúas rodas de pataca cocida (bastante finas) aparecía o bacallau, ben cocido, os chícharos e o prebe rodeando o as patacas co bacallau. Iso si, frío. E ao camareiro nin se lle pasou pola cabeza preguntarme porque non lle daba bocado! Xa cómpre ser inútiles!

O de Rivadavia, peor, moito peor. Foi un xantar. Estábase ben á sombra do soportal. Na Praza Maior. Nunha vinoteca, cunha carta de viños lamentábel para o que se agarda dun establecemento así. Bebín cervexa. As ensaladas non as aliñan, non deben saber, tampouco che dan cubertos axeitados para fecelo ti, e o prato non permite tampouco face tal cousa. De xeito que, cando aliñas so che queda impreganda a capa superior; non é xeito de comer. Para que despois che traian unah carne, ben feita, iso si, mais enchoupada de prebe ( sería por iso que a ensalada viña sen aliñar?). Mais o impresntábel foi a sobremesa. Pedimos pudín de ou con (resulta indiferente) bombón. O que non che deixan ben claro é que unah porción trae bombón e outra non, de xeito que se che toca sen bombón vas pagar o mesmo mais o sabor non é o mesmo (obviamente) nin a cantidade tampouco. E o camareiro sen preguntarse porque só lle dera un bocadiño…Hai que ser inútiles!

Un trato fatal, o de Rivadavia. Por iso e porque non nos atenderon en galego, e eramos catro galegofalantes. A xente pode ser así de estúpida, porque se estabamos alí, se ían facer negocio con nós era grazas á lingua, sen lingua galega no habería Mostra de Internacional de Teatro. Volverei por Rivadavia, non hei faltar á Festa da Istoria. A esa vinoteca non volvo nin enfermo…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.