ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2012

porque a xente vota ao PP?, é que non saben ler?

Posted: Venres, Agosto 31st, 2012 @ 2:11 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en porque a xente vota ao PP?, é que non saben ler?

O mundo está de tal maneira! E cando vas pola rúa e aínda ves xente disposta a votar polo PP! Que pasa entón? A xente imbecilizou de vez? E aínda, por riba, vas ti dicíndolles que é que a xente le pouco! Porque, a ver, a teoría económica de Raxoi é tan pedestre e inútil […]

as rapazas de Xan, así censura a literatura galega a TVG

Posted: Mércores, Agosto 29th, 2012 @ 6:46 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en as rapazas de Xan, así censura a literatura galega a TVG

Manuel Iglesias Turnes preséntanos a súa ópera prima, “As rapazas de Xan”, unha novela desenvolvida no ámbito rural que supón un documento histórico e etnográfico sobre a aldea galega de posguerra. Partindo da historia de Carmela, unha moza que ten a súa filla en soidade, o autor sobrevoa a comunidade do lugar, descubrindo as ilusións […]

breve, e moi clara, anotación sobre o futuro político da Galiza

Posted: Martes, Agosto 28th, 2012 @ 10:22 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Agora se verá se Compromiso e ANova e demais escindidos pensan máis en si mesmos que no país. Porque se pensan no país entenderan que é preciso un entendemento entre eles xa. A política faise no día a día, no hoxe, non no mañá. E, por certo, xa que de política falamos e na política […]

contra a censura na América Latina, resposta censurada de Crsitovão Buarque

Posted: Luns, Agosto 27th, 2012 @ 5:11 p.m. in manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en contra a censura na América Latina, resposta censurada de Crsitovão Buarque

Reproducimos a continuación o artigo de Chico Buarque, Ministro de Educación no Brasil, publicado no Washington Post, No New York Times, USA Today, Europa, Xapón…menos en Brasil e o resto da América Latina. Razón? A lucidez da razón e o sentimento patriótico e crítico co capitalismo salvaxe…pouco dano fan nas metrópoles. Mais si fan moito […]

un libro, Collarte e as Misións Pedagóxicas

Posted: Luns, Agosto 27th, 2012 @ 4:22 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en un libro, Collarte e as Misións Pedagóxicas

Póñovos na situación. Onte certei cun coñecido, gandeiro. Conversamos un anaco. Había pouca xente na festa, así o primeiro tema en saír foi o da crise. -E a ver aínda o que queda por vir! Comentou. E engadiu: -Mentres non veñan roubar nas aldeas… Eu, que para min el é un dos votantes do PP, […]

o sofá e a revolución, amigo

Posted: Domingo, Agosto 26th, 2012 @ 9:28 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en o sofá e a revolución, amigo

Amigo, lembra, eu sempre estarei aí. Pódoche contar de cando me trouxeches por primeira vez á casa, unha casa case baleira, mais sempre é preciso un lugar de descanso. Ti chegabas do traballo, do traballo que pagaba a hipoteca, os estudos dos teus fillos, a vosa manutención e vestimenta diaria, algúns días de vacacións nos […]

Feixó, Raxoi,os corvos

Posted: Sábado, Agosto 25th, 2012 @ 4:33 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feixó, Raxoi,os corvos

O corvo é un animal mal visto, de mala fama? Pódese dicir que Raxoi e Feixó son coma corvos? Desde logo, a súa xestión é negra comos os corvos. E aí paramos. Porque o corvo ten mala fama, está mal visto nas cultuas mediterráneas…por influencia da Biblia, por influencia da Igrexa de Roma, porque antes […]

en rigor: a prensa

Posted: Venres, Agosto 24th, 2012 @ 1:55 p.m. in MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en en rigor: a prensa

Non pode ser que un señor chamado Feixó vaia de funeral en funeral tomando a palabra sen que ninguén llo pedira para soltar o seu espiche. Non pode ser que, ademais, ese señor Feixó estea cheo de tanta arrogancia que nin sequera se “moleste” en saber con quen fala. Contáronme onte que, no funeral de  […]

as fotos e a pregunta/manifestación polo problema do leite en Chantada

Posted: Xoves, Agosto 23rd, 2012 @ 2:03 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en as fotos e a pregunta/manifestación polo problema do leite en Chantada

Antes de comezar, un dato. Son máis de 5500 os postos de traballo que dependen dos prezos do leite, só nesta bisbarra de Chantada. ( Xa sabedes, para ver ben as fotos chuzade nelas, e despois no resultado)     A xente vaise xuntando   Si, a xente vaise xuntando. Cun problema. Cunha dúbida. Gandeiros, […]

a hipocrisía nas noticias sobre o funeral de Avelino Pousa Antelo

Posted: Mércores, Agosto 22nd, 2012 @ 11:22 a.m. in MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a hipocrisía nas noticias sobre o funeral de Avelino Pousa Antelo

A estas alturas, quen non  soubera que Avelino Pousa Antelo, cos seus anos, mantiña e animaba unha fimísima oposición á política lingüística imposta ( non foi negociada) polo PP de Feixó, é que vive en Babia ou non se quere decatar do que pasa. E estas alturas, quen non soubera que precisamente por esa loita, […]