ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

os silencios da prensa e o abucheo a Raxoi

Sei, polo twitter, que onte foi abucheado Feixo, nas súas vacacións en San Xenxo. No Paseo Marítimo, tivo que retirarse “prudentemente” cando paseaba cos seus escoltas.

A noticia parece de suficiente alcance como para que hoxe a prensa non a silencie, porque todos miran o twitter, todos sen excepción.

Entón, vou e meto googelizo Rajoy, abucheado, Sanxenxo e atopo isto. Se o fago con Rajoy e Sanxenxo, sae isto. E aí atopas isto, isto , e isto..

Entón vou e miro nas páxinas de LVG e atopo, de maneira curiosa, este artigo. Digo de maneira curiosa porque, se miran ben, está na sección “España”; agora boten unha ollada ás seccións que hai, poden facelo aquí. Atoparona? Pois velaí outro tipo de censura.

E non deixa de facer maldita graza que agora se cheguen a escribir artigos como este. Lembro moi ben, non hai tanto, como os datos do CIS indicaban que en Raxoi non confiaban arredor ( palabra prudente) 7 de cada 10 españois. Dicir isto é dicir moito. Calar isto é calar algo que interesa, e moito, ao cidadán.

E un pregúntase, porque tanta consideración cun señor que tanto mal leva feito e máis que ameaza con facer?

Porque, lembremos a súa traxectoria.

E outra, o pasado de Raxoi en Pontevedra é tan convulso que non dou imaxinado moi ben como no PP non o saben, ou sabéndoo, o volven traer a un lugar onde aínda se lle garda tanta memoria…

4 Comments

  1. Os silencios da prensa e os apupos a Rajoy:

    […] Os silencios da prensa e os apupos a Rajoy xmeyre.blogaliza.org/2012/08/13/os-silencios-da-prensa-e-o-a…  por raxozorza hai 1 segundos […]

  2. nunhes:

    por que galeguizades o apelido dun sr. que prefire chamarse Feijo? por que empeñarse en facer galego a alguen que manifestamente se comporta como non-galego?

  3. xmeyre:

    Non hai tal galeguización, Nunhes. Só unha mala lectura por parte do portados do apelido. Aa formas “Feijóo” ou “Feijó” están escritas á medieval, e o”j” resulta tremendamente incorrecto lelo á castelá, porque o “j” non é máis que unha das moitas grafías para a pronuncia do actal “x”.
    Os que escribimos, e lemos, “Feixó”, simplemente nos acollemos á normalidade lingüística.
    Beizón polo comentario, Nunhes.

  4. A familia de Rajoy apupada en Sanxenxo « Falo de Redondela:

    […] Son varias as persoas que xa o contaron aínda que ningún medio de comunicación deu conta do sucedido. E iso, a pesares de que algún xornalista informou ao seu director do acontecido. Foi hai dúas semanas, na segunda fin de semana de agosto e a escena foi un pouco embarazosa para a muller de Rajoy, diana dos abuchegos dalgúns bañistas. […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.