ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Feixó, algo máis ca unha simple multa de tránsito

Filed under: MENTIRAS NOS MEDIOS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 15 Agosto 2012 @ 11:50 a.m.

A recente multa da tránsito a Feixó, por exceso de velocidade, é outra desas noticias ás que a prensa non lle está tirando todo o zume que leva dentro, nas reportaxes que lin só se mencionan os datos obxectivos, como  moito especúlase que Feixó iría ao Casino, o cal xa de por si é noticiábel ( que fai no casino un presidente co panorama político e económico que ten Feixó?)

Porén, ollo, estamos a falar dunha prensa que, cando se trata da oposición non dubida en adxectivar, non dubida en aproveitar para alarmar a cidadanía, non dubida en incluír opinión na propia noticia. Na memoria temos o acontecido nas últimas eleccións, por exemplo, con casos como os do iate e Quintana,a neveira de Quintana etece…

Así que, para ser xustos, eu vou escribir a noticia que nunca se podería ler en LVG, por exemplo, vou escribir de xeito valorativo. Non me queda outro remedio porque Feixó é un cargo público, de como actúe depende que ós galegos nos vaia mellor ou peor.

E porque os nosos actos din como somos, o que somos.

E se boto a andar a memoria, lembro que Aznar tamén tivo problemas con acatar a lei de tráfico rodado ( quen era a DGT para dicirlle a el o que podía ou non beber?), velaquí outro caso en Punta Umbría, todos lembramos o caso Carromero, ao mesmo fillo de Aznar lle retiraron o carné, tamén é ben recente o caso Espadas, ou o de Nacho Uriarte

É como para preocuparse, non? Vellos e novos, todos coa mesma prepotencia, eles están por riba de todo, e  tamén por riba das leis de tránsito.

Lembramos como actuaba Fraga? Como lle tiñan que pisar os xornalistas para poder cubrir os desprazamentos e redactar información.Non só os xornslistas, meu irmán tivo un accidente automobilístico porque se atopon coa comitiva de Fraga e botárono fóra da estrada ( e por certo que nin pararon a ver que lle pasara).

E todo isto non pode ser analizado fóra do alcance doutras mostras de prepotencia, que tampouco é complicado lembrar, nada complicado, nadiña

Se queren poden viaxar a Valencia, co affaire Camps etc… Si, porque a fin de contas sempre se trata de prepotencia.

E cando votamos a unha persoa prepotente estamos votando a unha persoa que cre que sempre ten a razón, que cre que nada importa senón el, que non admite críticas, que non dubida en falsear a realidade para dar lexitimidade á súa (prepotente) opinión, mesmo a custo de poñer en perigo a democracia

Todo isto, que só é unha mostra, é moi preocupante que lles pase a cargos públicos. Do partido que sexa. E é aínda moito máis preocupante que lle pase ao PP, tan maoiritario. E é aínda moito máis preocupante que a prensa o silencie.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.