ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a felicidade en tempos de crise

Filed under: MENTIRAS NOS MEDIOS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 16 Agosto 2012 @ 4:36 p.m.

Xa me amolaban abondo os publicitarios televisivos, non sei se de dacataron da énfase que fan na felicidade, das cariñas de inmensamente felices que poñen, sobre todo nalgúns de aseguradoras.

Porque xa cómpren émbolos para poñerlle iso diante á xente, á xente que ve como cobra menos ( se é que cobra), á xente que ve como se reduciron de forma drástica os seus dereitos e prestacións…Á xente que, en plena crise, vai e abre a caixa tonta para desconectar un anaco… E vai e o que atopa son caras especialmente sorrintes, felices…E entón vai un e pregúntase que clase de imbécil é para el non poder ser feliz tamén, coma os dos anuncios!

Nunca considerei que a publicidade fora un ben necesario, ni sequera un ben, senón unha intromisión na vida privada de xente, destinada máis a crear confusión que a informar de posibilidades mercantís. Mais agora é que a publicidade dos casos que comento está a se amosar como un axente alienante groseiro, burdo, antipático, de pésimo gusto.

E vou e dáme por follear interneticamente LVG  e atopo isto!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.