ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a hipocrisía nas noticias sobre o funeral de Avelino Pousa Antelo

Filed under: MENTIRAS NOS MEDIOS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 22 Agosto 2012 @ 11:22 a.m.

A estas alturas, quen non  soubera que Avelino Pousa Antelo, cos seus anos, mantiña e animaba unha fimísima oposición á política lingüística imposta ( non foi negociada) polo PP de Feixó, é que vive en Babia ou non se quere decatar do que pasa.

E estas alturas, quen non soubera que precisamente por esa loita, Avelino Pousa Antelo foi vetado e estaba nas listaxes negras dos que  non podían aparecer na CRTG, é que non vive neste mundo senón no de hi-hi, ha-ha.

Cando falamos de integridade, exemplo, etecé, estámonos a referir a iso.

Por iso cando onte ao señor Feixó non lle quedou outra que render homenaxe a unha persoa que tiña vetada, non creo que sexa nada do outro mundo falar de victoria de Avelino Pousa Antelo sobre Feixó e o seu fascista lingüicidio, Porque a Feixó non lle quedou outra que recoñer a súa honestidade, o seu patritismo e a súa constante loita por Galiza e contra os intereses políticos que representa Núñez Feixó, aclaro eu. Aclaro eu, en vista de que a prensa se nega a facelo, aínda que o sabe, nun exercicio de hipocrisía e mentira intolerábel.

Vexan:

Sermos só recolle as reaccións de persoas e institucións, mais o exercico de hipocrisía de Feixó debemos interpretalo nós.

Galicia Hoxe fai outro tanto. Mente outro tanto. Porque a non contar a verdade eu chámolle mentir.

Chámolle mentir porque esas hipócritas palabras de Feixó tapan outras, tapan ao fervor anti-Feixó de todos os que estabamos despedindo a Avelino co corazón na man e nos labios. E a prensa, o que fai, é salientar as palabras do hipócrita mentidor fronte aos moitos e sinceros que estanamos alí.

LVG, xa chega ao paroxismo, Pousa Antelo é un galego 100% agora, que morreu, mais cando vivía ben que pasabades del!

Algo máis claro parece Praza, mais o achegamento do lector para establecer a noticia completa ségueme parecendo excesivo. Un chisco máis achéganse EP ( en castelán, significativo) e  Galicia Confidencial.

Se non temos unha prensa fiel á verdade dificilmente podemos ser libres. Nós, a xente de a pé non temos porque pagar a covardía dos demais, nunca.

VAI POR TI, AVELINO

NUNCA DEIXAREMOS A LOITA ATÉ VENCERMOS.

A RAZÓN ESTÁ CON NÓS. VENCEREMOS NÓS

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.