ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

en rigor: a prensa

Filed under: MENTIRAS NOS MEDIOS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Agosto 2012 @ 1:55 p.m.

Non pode ser que un señor chamado Feixó vaia de funeral en funeral tomando a palabra sen que ninguén llo pedira para soltar o seu espiche.

Non pode ser que, ademais, ese señor Feixó estea cheo de tanta arrogancia que nin sequera se “moleste” en saber con quen fala. Contáronme onte que, no funeral de  Díaz Pardo, don Avelino Pousa se lle queixou, a Feixó, de que “quedara orfo, de que xa non tiña ninguén que o coidara” referíndose á situación lingüística creada polo capricho do Partido Popular. E saben que lle contestou Feixó, pois que “para iso tiña á súa muller”. Tivo que lle retrucar don Avelino “morreu hai 32 anos”

E non pode ser que a prensa cale.

Non pode ser que LVG animara, dera pulo, ao PP para botar abaixo o concurso eólico, todos sabemos que por intereses privados e privativos de LVG. Que botara abaixo un concurso legal, como vén de establecer o TSXG. Non pode ser que a Xunta teña que facer fronte a indemnizacións e LVG quede tan fresca e incólume. Como tampouco pode ser que agora trate de agochar a noticia. De feito, canso de soubo a noticia os demais medios axiña a recolleron, mais LVG agardou ao día seguinte e en páxinas interiores.

Non pode ser  que, pensamos en La Razón, haxa prensa que pasa por voceira da propiedade privada. Mentres sexa propiedade dos ricos é privada, que coa dos pobres pódese facer e desfacer o que se queira, sen límite para o insulto á verdade.

Como non podía ser que, e volvo a La Razón e secuaces, desenterraran aquela foto de Quintana no iate, que era de había 5 anos, e mintan descaradamente ao ocultalo.

Non pode ser que…

Vostedes han encher o oco que eu deixe, porque exemplos non faltan precisamente.

É dicir, cómpre un código deontolóxico de obrigado cumprimeto, e con sancións cando se lle falte.

Si.

E sobre todo cómpre que nós sexamos oposición activa a este tipo de prácticas contrarias xa non ao rigor senón inclusive ao bon gusto, iso que tato a dereita proclama, o saber estar.

O código deontolóxico ten que servir para algo máis que para que extrema dereita se cague nel e nolo venda a prezo de modernidade.

Senón para que queremos prensa?

  • Respecto á verdade.
  • Estar aberto á investigación dos feitos.
  • Perseguir a obxetividade aínda que se saiba inaccesible.
  • Contrastar os datos con cantas fontes sexan precisas.
  • Diferenciar con clareza entre información y opinión.
  • Enfrontar, cuando existan, as versións sobre un feito.
  • Respecto á presunción de inocencia.
  • Rectificación das informacións erróneas.

Ti abre La Razón, LVG…e mira a ver onde se cumpre ese código deontolóxico!


Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.