ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Feixó, Raxoi,os corvos

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 25 Agosto 2012 @ 4:33 p.m.

O corvo é un animal mal visto, de mala fama? Pódese dicir que Raxoi e Feixó son coma corvos?

Desde logo, a súa xestión é negra comos os corvos.

E aí paramos.

Porque o corvo ten mala fama, está mal visto nas cultuas mediterráneas…por influencia da Biblia, por influencia da Igrexa de Roma, porque antes o corvo asociábase, tanto en Grecia como Roma, cos esperanza, co futuro, coas noticias, boas e malas.

Así mesmo, no hinduísmo e budismo é un axente protector. Para os persas era emblema da luz, representación do sol. Igual que para os chineses é símbolo de sabedoría e luz. E no Xapón asócianse ás  figuras do fogo e o sol. Nalgunhas culturas amerindias era o creador da vida e da auga. Ideas moi semellante perviven en Alaka e Siberia.

E nas culturas nórdicas asóciase ás nocións de pensamento, memoria, intelixencia. Odín levaba dous corvos, un en cada ombreiro. Bran, Brandan, en gaélico significa corvo, era o nome do corvo que acompañaba a Lug. Caracterizábase pola forza, a intelixencia, a lonxevidade, a gran memoria,  a capacidade de ser axentes destrutores na batalla e de servir de mensaxeiros doutro mundo, a facultade de ser ladróns,  voar a grandes alturas e desprazarse a grandes distancias e a a calidade de servir de guías na súas viaxe por terra e por mar.

Así que tanto Raxoi como Feixó non procede identificalos co corvo, un paxaro moito máis nobre. O que si procede é identificalos cos Igrexa Católica, alí por onde pasan regulan o esquecemento de maneira que non haxa posibilidade de lembrar como se era antes. Alí por onde pasan destrúen, por envexa, porque non conciben que poida existir algo diferente da súa vontade, que elevan á categoría de santa e única.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.