ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o sofá e a revolución, amigo

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA,VARIA NATURA — 26 Agosto 2012 @ 9:28 p.m.

Amigo, lembra, eu sempre estarei aí.

Pódoche contar de cando me trouxeches por primeira vez á casa, unha casa case baleira, mais sempre é preciso un lugar de descanso. Ti chegabas do traballo, do traballo que pagaba a hipoteca, os estudos dos teus fillos, a vosa manutención e vestimenta diaria, algúns días de vacacións nos que eu te agardaba, fiel e paciente.

Pódoche contar os aniversarios dos nenos. Pódoche contar cando a cativa, apañando unahs cereixas qut ti lle botabas nun pucho vello, caeu e tronzou unha perna. Pódoche contar a túa excitación, cando iades saír de xoldra ti e mais a túa muller, ou cando ela te miraba de certa maneira.

Podo, amigo, podo, e non faltaría a verdade. Non faltaría á verdade mais si á honra de quen te quere ben. A honra de quen te quere ben e agora te ve, canso coma nunca de trabanllar máis ca nunca e cobrar menos ca nunca. De quen ve a frustración da túa muller desempregada, facendo números a ver como se paga a hipoteca e se chega a fin de mes, a ver como ides dar feito cos libros dos rapaces, a ver se derades aproveitado roupa do ano pasado, porque eles medran e non pode quedar a dun para o outro porque rapaz e rapaza. Desde hai tempo xa comprades menos pan, menos leite, menos iogures, anacos de carne máis pequenos, peixe do barato, ides máis aos conxelados, ás tendas de zapatos e roupa económicos… E nada che vou dicir do retoceso cultural de que hai que falar castellano a cojones, porque es voluntad de don Mariano, de don Alberto y la Santa Madre Iglesia que en la tierra representan el Opus, las Faes y GB e odian a xente coma ti, ódiana porque lles gusta odiar e é a maneira de se sentiren realizados.

Amigo, non, non che vou contar nada do que ti xa sabes moi ben. Precisamente non quero que deixes de pensar niso, non. Mais si quero que vaias un chisco máis alá, sempre sémpre ir un chisco máis alá, perseguir metas ulteriores para asegurar as anteriores.

E agora que te teño aquí, amigo, voucho dicir. Foron os banquerios os que orixinaron toda esta situación, eles, tan fachendosos e incompetentes. Foros os políticos os que lles deron cobertura ás súas falcatruadas, poi dependen do capital. E foi a prensa, son os medios de comunciación os que lexitiman esta situación, alramando a xente porque se “piden prestados” varios carros de comida para indixentes, a propiedade privada é privada e inviolábel mentres sexa dos ricos, porque aí seguen os banqueiros que roubaron a pequenos aforradores co das preferentes, iso seica non é roubar e a prensa tan tranquila…

Amigo, que queres que che diga?

Carlos Slim, o home máis rico do mundo, podería el só facerse cargo da débeda mexicana. Si. Amancio Ortega, o terceiro home máis rico do mundo, é galego, é serve iso para que non perdras dereitos sanitario, dereitos económicos, dereitos culturais, infraestrururas..?

Amigo:

Vas seguir aquí sentado?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.