ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

un libro, Collarte e as Misións Pedagóxicas

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 27 Agosto 2012 @ 4:22 p.m.

Póñovos na situación.

Onte certei cun coñecido, gandeiro.

Conversamos un anaco. Había pouca xente na festa, así o primeiro tema en saír foi o da crise.

-E a ver aínda o que queda por vir!

Comentou. E engadiu:

-Mentres non veñan roubar nas aldeas…

Eu, que para min el é un dos votantes do PP, lembrei que había nada houbera unha manifestación en Chantada, polo futuro do sector leiteiro, penso que non o vira.

-Como se pode entender que cando ves aquí tomar un cafe -el é parroquiano dos Ánxeles, eu tamén paro alí cando boto fóra-, como se pode entender que para pagar un café teñas que muxir máis de tres litros de leite?

-É certo, nin con tres litros de leite o pagas…

-E que despois veña un señor Collarte e che diga que con máis de 5 mil euros ao mes as pasa canutas, ou a tipa aquela co “que se jodan”!

-Boh, os políticos…

Resulta curioso, non. Para esta xente pepeira, os políticos son todos malos, mais eles non contemplan outra opción que non sexa votar polo partido máis corrupto!

Nestas chegeui á casa. E prendín na lectrua que me ocupará esta semana: As rapazas de Xan. A novela de Manuel Iglesias Turnes, para ir situando a quen non saiba nada dela, é como a versión adulta de Memorias dun neno labrego.

Obviamente, eu sei que o meu coñecido, home honrado e trabalaldor onde os haxa, é unha persoa terribelmente inxusta. Non me custa nada imaxinar que el non lle botaría a culpa a Franco daquel inferno social e económico da ditadura, aquel tempo de racionamentos, de curas inquisidores e delatores, onde o sarxento da garda civil, o cura, o alcalde e cadra, o médico, eran as forzas vivas que de decidían o futuro das persoas.

Conto isto como exemplo. Nestas circunstancias non resulta nada doado ler. Xa se poden ler tropecentas mil denuncias que, se non hai a sufuciente cultura para entendelas, asimilalas e actuar en consecuencia…non serven de nada.

E son plenamente consciente de que para iso está empregando os cartos o PP na Xunta, metelos no Gaiás para que a xente siga emburrada e votándoos. Esa é a finalidade que teñen os boureaus de Ensino e Cultura do PP na Xunta. Outra cousa non saben nin están preparados.

Como narices pode vir agora o PP dicindo que se desmarca das afirmacións do Collarte ese? Acaso non o seleccioanron para ir baixo as súas siglas?

Lembro as Misións Pedagóxicas. Canto cumpriría algo polo estilo.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.