ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

as rapazas de Xan, así censura a literatura galega a TVG

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 29 Agosto 2012 @ 6:46 p.m.

Manuel Iglesias Turnes preséntanos a súa ópera prima, “As rapazas de Xan”, unha novela desenvolvida no ámbito rural que supón un documento histórico e etnográfico sobre a aldea galega de posguerra. Partindo da historia de Carmela, unha moza que ten a súa filla en soidade, o autor sobrevoa a comunidade do lugar, descubrindo as ilusións e as perdas, os amores e os desamores dun tempo tan gris coma opaco.

Pódese ler esta información da TVG, aquí.

Pode parecer unha información inocua. Pode. Mais non é. Nin moito menos.

unha novela desenvolvida no ámbito rural que supón un documento histórico e etnográfico sobre a aldea galega de posguerra

Primeiro: supón un documentos histórico e etnográfico; non son valores literarios, son valores ademais de…porén só se tematiza o ademais de, de xeito que a novela, moi entretida, por certo, pasa por ser algo máis parecido ao ensaio que á novela.

Segundo: sobre a aldea galega de posquerra! Curioso non se di de que guerra nin cales foron as súas consecuencias.

Terceiro: a novela non se desenvolve, desnvólvese a acción!

ten a súa filla en soidade

Vaia eufemismo estúpido! Como se pode ter un fillo en soidade?! Non cómpren dous?!

dun tempo tan gris coma opaco.

Fixáronse que non se volve mencionar o nome de Franco, nin se di que foi unha ditadura.

Conclusións:

1) A ditadura de Fraco non existiu, foi un tempo gris e opaco ( por certo, o actual nin é menos gris nin menos opaco, a que non?), que debeu pasar por mala sorte ou algo polo estilo

2) A novela ten moito de ensaio, cálanse as virtudes que como  novela ten: narrativa áxil, riqueza lingüística, diálogos moi naturais, veraz , entretida. Calanse as virtudes que poden levar o potencial lector a mercar o libro, no seu lugar póñense outras que levan a todo o contrario

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.