ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

porque a xente vota ao PP?, é que non saben ler?

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 31 Agosto 2012 @ 2:11 p.m.

O mundo está de tal maneira! E cando vas pola rúa e aínda ves xente disposta a votar polo PP! Que pasa entón? A xente imbecilizou de vez?

E aínda, por riba, vas ti dicíndolles que é que a xente le pouco!

Porque, a ver, a teoría económica de Raxoi é tan pedestre e inútil que onte escoitei como unha ama de casa lla desmnontaba punto por punto…en tres minutos. Porque, a ver, desde que Feixó chegou ao poder non fixo máis que acelerar a descomposición do “estado e benestar” que tiñamos: hai máis paro ( 6 puntos máis que en Portugal), hai menos sanidade ( tamén onte me comentaban ocm onun hospital galego había unha ATS por planta), hai menos cultura ( tanto odio lle teñen que farán o imposíbel por acabar con ela), hai menos lingua ( orgasman, cada vez que maquinan un novo plan que acabe coa lingua galega), hai menos industria, hai menos comercio, hai menos funcionariado e servizos, hai menos escolas…

…Inclusive hai menos xente poal rúa!

Por contra incrementaron o desemprego; paralizaron (todo o posíbel e un pouco máis) a industria cultural galega; instauraron ( até límites que raian na grosería máis estúpida) a censura, control e manipulación informativa; non pararon de fachendear (somos unha comunidade solvente!- claro, fechando as contas antes de tempo!-, a aficiencia e eficacia gobernando é nosa ( a agora oposición deixou un lego pésimo -xa, pero con menos desempredo, con máis comercio, con máis cultura, con máis ensino, con máis sanidade…) e de mentir ( e o concurso eólico anulado por capricho?; cantas veces tiveronque pedir perdón?)…

Así ad nauseam

E hai quen aínda pensa votar o PP?!

E si, cómpre que a xente le máis e mellor. Non coma un espectáculo. Si como unha ocasión para interactuar.

E pensar que non só se len libros. Tamen hai que ler a vida. E interactuar.

Os demais non teñen porque facer o que ti necesitas que se faga, nin sequera teñen porque sabelo.

E mentres sigas caladiño e quediño non  te queixes!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.