ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2012

no funeral de Avelino Pousa / e a tremenda faltada da Radio Galega

Posted: Martes, Agosto 21st, 2012 @ 10:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Conducía cara a casa, escoitando a radio, despois de estar na despedida de don Avelino Pousa Antelo, unha despedida moi sentida moi emotiva. Velaquí teñen tres instantáneas: No comezo de acto de homenaxe e despedida         No fondo,  á dereita, Carme Hermida,  Mini e Mero, David Otero, Vázquez Pintor, Martiño Noriega…que en […]

no día da despedida de don Avelino Pousa Antelo

Posted: Martes, Agosto 21st, 2012 @ 10:28 a.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en no día da despedida de don Avelino Pousa Antelo

Non te vou chorar, Avelino, permítemo, chorar é de parvos. Eu só choraría se ti non tiveras existido. Simplemente me despedirei  cun “deica logo”. Deica logo, pai, por seres ti pai de todos os que persistimos no soño dunha Galiza dona de si e non escrava de intereses alleos. Deica logo, irmán, pois irmáns somos […]

sobre a promoción do libro

Posted: Luns, Agosto 20th, 2012 @ 11:15 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sobre a promoción do libro

Apaño no twitter este artigo. Non me di nada novo mais é un tema de absoluto interese para esta Ferradura. Partindo desta premisa En un mercado en el que autores y editores deben crear un producto realmente excepcional para conseguir unas ventas llamativas, en un mundo en el que la oferta de libros es variadísima […]

poesía para os Mártires

Posted: Sábado, Agosto 18th, 2012 @ 11:10 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, VARIA NATURA | 2 Comments »

Onte tina previsto estar en Pontevedra. Porén fun a Santiago. Cheguei cedo, como é costume de meu, e realicei un pequeno percorrido poético, íntimo e rebelde. ( Xa sabedes, para ver as fotos en grande chuzade sobre elas e despois sobre o resultado) Era a Facultade de Filoloxía. Tempos de ERGA. Lembro o 23F. Viñamos […]

a felicidade en tempos de crise

Posted: Xoves, Agosto 16th, 2012 @ 4:36 p.m. in MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a felicidade en tempos de crise

Xa me amolaban abondo os publicitarios televisivos, non sei se de dacataron da énfase que fan na felicidade, das cariñas de inmensamente felices que poñen, sobre todo nalgúns de aseguradoras. Porque xa cómpren émbolos para poñerlle iso diante á xente, á xente que ve como cobra menos ( se é que cobra), á xente que […]

Feixó, algo máis ca unha simple multa de tránsito

Posted: Mércores, Agosto 15th, 2012 @ 11:50 a.m. in MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feixó, algo máis ca unha simple multa de tránsito

A recente multa da tránsito a Feixó, por exceso de velocidade, é outra desas noticias ás que a prensa non lle está tirando todo o zume que leva dentro, nas reportaxes que lin só se mencionan os datos obxectivos, como  moito especúlase que Feixó iría ao Casino, o cal xa de por si é noticiábel […]

mapa de olores para o Courel

Posted: Martes, Agosto 14th, 2012 @ 10:31 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mapa de olores para o Courel

Foi durante a Festa da Revolta, pasear as rúas de Froxán, en devagariño, é xa un pracer en si, incrementado pola amabilidade das súas xentes, e pola posibilidade de ir percorrendo co olfacto diferentes olores que xa había que non cataba. Pasaba debiaxo dunha breveira cando o seu fino olor me plantexou unha cuestión. Comezando […]

os silencios da prensa e o abucheo a Raxoi

Posted: Luns, Agosto 13th, 2012 @ 11:49 a.m. in NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Sei, polo twitter, que onte foi abucheado Feixo, nas súas vacacións en San Xenxo. No Paseo Marítimo, tivo que retirarse “prudentemente” cando paseaba cos seus escoltas. A noticia parece de suficiente alcance como para que hoxe a prensa non a silencie, porque todos miran o twitter, todos sen excepción. Entón, vou e meto googelizo Rajoy, […]

así foi a Festa da Revolta

Posted: Domingo, Agosto 12th, 2012 @ 1:27 a.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en así foi a Festa da Revolta

Mónica de Nut, dando a alborada ( para ver grandes as fotos, chuzade sobre elas, e outravolta sobre o resultado, paga moito a pena) Todo estaba pensado, moi pensado Subindo unha rúa de Froxán Iniciando o roteiro Fíxense, o indicador feito polas xentes de Froxán foi tirado, o da empresa Tragsa está en pé. De […]

cuestións de educación

Posted: Xoves, Agosto 9th, 2012 @ 3:08 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cuestións de educación

– Manolo, mentres eu fago a cea, vai cos teus primos e ide tornar a auga da Picha. Entón, a nai dos dous rapaces cataláns, nun alustre de iluminación para de limar as unllas, érguese e fala. -Venga, un paseo campestre os vendrá bien (Acoutamento activo 1. Os dous primos cataláns, Manolo xa lles chama […]