ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Setembro, 2012

Atlas de Chaguán (Rosa Enríquez), versos escollidos

Posted: Venres, Setembro 28th, 2012 @ 5:53 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en Atlas de Chaguán (Rosa Enríquez), versos escollidos

Disposición preliminar ou ánimo que non debe estar ausente na lecura do poemario de Rosa Enríquez que se pode ler en Q de Vian: 1) É de balde, polo que ao ser humano nunca lle poderá ser perdoado NON PENSAR; seguir eternamente circunscritos ao laissez faire é o comportamento das pedras, erosionadas por axentes externos. […]

entre vacas, libros e a infamia da ignorancia

Posted: Xoves, Setembro 27th, 2012 @ 5:37 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en entre vacas, libros e a infamia da ignorancia

Anda o señor Alberto Núñez Feijóo, léase Alberte Nunes Feixó, actual Presidente candidato a presidir de novo a Xunta de Galicia, moi ufano malia, non hai moito tempo, verse na obriga de preguntar por qué as vacas sempre levan nome de muller. Lese en tal mostra de incultura que ANF pouco coñece a quen goberna. […]

entre os versos de Wislawa e o Atlas de Chaguán, os feridos de onte

Posted: Mércores, Setembro 26th, 2012 @ 5:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en entre os versos de Wislawa e o Atlas de Chaguán, os feridos de onte

A valía dunha persoa mídese polas súas reacción perante a vida. Un escritor ou unha escritora son persoas. Logo non hai máis que dicir. Onte, mentres a xente de ben se dirixía ao Congreso na tentativa de lavar sociedade das conciencias suxas, de sanear a vida, a vida miña, que seguía ocn interese sumo e […]

porque Feixó non sabe que as vacas sempre teñen nome de muller?

Posted: Martes, Setembro 25th, 2012 @ 6:27 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en porque Feixó non sabe que as vacas sempre teñen nome de muller?

Pouco a pouco van mudando as follas do almanaque, e as das árbores inexorabelmente caendo a non ser que sexan perennes. Como perenne parece ser a desmemoria da sociedade, inoculada intravenosa desde os púlpitos mediáticos en persecución de novas formas de distraer a opinión pública e xeneralizar o esquecemento que faga imposíbel calquera acto de […]

sobre a incompetencia conquistadora española

Posted: Luns, Setembro 24th, 2012 @ 7:41 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Anda a basca ppeppeira ou ppetimértica toda revolusioná. Coa proposta de independencia de Catalunya. Cuestionan que sexa un país con entidade propia, igual que eu nego que España sexa un país con entidade propia. Que non se pode segregar por moito que o decidan as urnas, lembran aquilo de una grande y libre?. Inclusive ameazan […]

xustiza?, que xustiza?, levantado a lebre…

Posted: Domingo, Setembro 23rd, 2012 @ 5:10 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en xustiza?, que xustiza?, levantado a lebre…

Desde instancias políticas pídesenos aos cidadáns non só que acatemos a xustixa senón que confiemos nela. Mantra repetido á menor ocasión en que un político ande en leas coa xustiza. Desde aí se nos formula a primeira pregunta: -comparada co resto de países, polo menos occidentais, en que lugar se atopa España en canto ao […]

España,esa debilidade

Posted: Sábado, Setembro 22nd, 2012 @ 2:18 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en España,esa debilidade

Vivimos tempos cofusos. Oh tempora, oh more. Que aínda non chegados foron tempos que confusos non foran. Así tanto que ben se pode afirmar que é un tópico. Un tópico; máis que literario, xa social. A pregunta, entón imponse. A quen lle interesa esa confusión perenne? Non se precipitar, que terá cumprida resposta. Antes cómpre […]

DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA!

Posted: Venres, Setembro 21st, 2012 @ 5:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA!

Lembremos as 10 estratexias de manipulación mediática de Chomsky. Todo parte destas catro palabras: DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA. Calquera declaración de independencia sempre é/foi unilateral. Porque se a outra parte acepta a proposta de independencia hai que falar de acordo e entón desaparece calquera unilateralismo, ou non? Porén as forzas centralistas, a través dos media, […]

actualización da definición de crítica

Posted: Xoves, Setembro 20th, 2012 @ 5:12 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en actualización da definición de crítica

Boto unha ollada á definición diccionarial de crítica. E atopo esta, no Estraviz, que sendo crítico literario, inclusive me sorprende por canto o aspecto literario está moi presente, moito máis ca no RAE. Ora ben, imos recoller a acepción número 12 do da RAE, porque me subleva, e nesta vida estamos medio perdidos se non […]

un libro que non é inocente

Posted: Mércores, Setembro 19th, 2012 @ 5:09 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Tamén hai libros que non son inocentes. E este é un deles. Máis que contribuír a no engrandecemento das figuras do país, o que pretende é infestarlle virus na medida do posíbel. Voume explicar. A Galiza actual non se entendería sen as achegas de Castelao. Ben se pode dicir que é Castelao é un dos […]