ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

operación medomedá, en marcha

Xa está aquí, poden vostedes seguila desde as pantallas dos televisores, desde as páxinas os diarios, desde as palabras da radio, desde calquera púlpito ou altofalante que poida condicionar a opinión pública.

Fíxense, que non é casualidade, vai ser o independentismo galego radical resulta máis útil ás forzas opresoras do que ao pobo galego, sempre se produce algunha detención cadrando xustamente en época electoral ou pre-electoral. Si, fíxense ben, na simboloxía da foto. Recoñecen a intecionalidade? Esa de criminalizar a cultura, si.

Onte houbo manifestacións, en Madrid e en Portugal, como todos sabemos. Hoxe, vendo un telexornal que emitía reportaxe sobre o acontecido onte en Portugal, o mozo ese que se quimou ao bonzo. Hai nada, reacción dunha muller, nai de familia: “Ai, por Deus, que aquí non cheguemos a esas cousas!”

Párense agora neste titular: “Se elige entre lo conocido, con todas sus carencias, y la aventura”.

Se necesitan máis probas non teñen máis que acender Intereconomía, TVE, TVG ou calquera outra sucursal do  medo.

E despois aínda dirán que votamos en liberdade!

Porque é que, parémonos a pensar un chisco que a cousa préstase a iso. Lembremos:

O letrado: -É que non sabedes ser cidadáns.

O labrego: -Non se pode ser cidadán onde non hai xustiza

É de xustiza esta situación na que se nos condiciona e non podemos votar en liberdade? Lembren a intencionalidade da foto e todo o que dela se deriva, lembren…Para que lembrar tanto’!

Xustiza, verdade?

A xustiza de nós pagarmos a mala xestión dos banqueiros e políticos ( PP- PSOE))?

A xutiza que pide máis de 600 euros de multa, a desempregados,  por “roubar” un carro da compra que non chega a valer 30?

A xustiza que permite a uns vivir a todo tren mentres outros morren de fame?

A xustiza que permite pechar escolas e hospitais por falta de cartos mentres os banqueiros ( culpa sa súa mala xestión é a crise) reciben miles e miles de millóns?

A xustiza que permite a unha infanta de España e consorte estafaren o pouco e o moito sen penalización ningunha?

A xustiza que incrimina por delictos inexistentes?

A xustiza que permite que rouben o noso traballo a cambio de miseria?

A xustiza que permite todo tipo de censuras ( de contidos que amolen os poderosos) e terxiversacións destinadas a que todo siga como está, os ricos por riba ( facendo o que lles pete) e demais por debaixo ( fodidos pero contentos, como nos tempso de Franco)

A xustiza que permite e ampara todo tipo de ataques e virulencias contra a cultura e economías propias?

A xustiza de que nos embauquen constantemente?

Será legal a mentira, mais non é lexítima

A operación medo está en marcha, lembra.

Lembra, de ti depende que teña éxito a operación medo…ou que TI teñas éxito. DE TI DEPENDE.

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.