ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

un libro que non é inocente

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 19 Setembro 2012 @ 5:09 p.m.

Tamén hai libros que non son inocentes. E este é un deles. Máis que contribuír a no engrandecemento das figuras do país, o que pretende é infestarlle virus na medida do posíbel.

Voume explicar.

A Galiza actual non se entendería sen as achegas de Castelao. Ben se pode dicir que é Castelao é un dos pais da Patria, ou non?

Esa pregunta é clave. Porque quen escribe non é precisamente un nacionalista senón un antinacionalista…

Aínda así, sendo un antinacionalsita, falamos de literatutra, ben podería deixar un libro que afondase no menos coñecido e estudado de Castelao, a súa estética literaria, a que fai del un dos máis avanzados autores do século XX, e un dos primeiros autores do século XXI porque en pleno século pasado xa escribía con técnicas propias deste XXI.

Ben podería ser, e ollo, que o di un nacionalista e o libro non falaría para nada de política, non é obrigado falar de nacionalismo para facer algo realmente útil.

Penso que iso si sería ben interesante, e necesario

Mais, que temos aquí? Un libro a ilustrar a faceta menos “simpática”, para o grande público, de Castelao. E non cómpre imaxinar demasiado para decatarse de que de que este libro contribúe a xustificar, dá balas ao inimigo, porque a quen máis útil lle vai ser o libro é aos que loitan contra a cultura galega e teñen no anticomunismo a bandeira predilecta, de pouco ha servir o empeño final en relativizar o alcance da influencia comunista en Castelao.

Para o resto, non pasa de anecdótico, curioso, non serve gran cousa para explicar o Castelao home, parcialmente o Castelao político, e nada para o Castelao escritor. Tendo en conta que os os tres son o Castelao Único, pois velaí.

1 comentario

  1. lector:

    Uf, carallo, o peculiar andazo anticomunista que percorre esta Galicia preelectoral tamén chega á critica literaria. Mola.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.