ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA!

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 21 Setembro 2012 @ 5:25 p.m.

Lembremos as 10 estratexias de manipulación mediática de Chomsky.

Todo parte destas catro palabras: DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA.

Calquera declaración de independencia sempre é/foi unilateral. Porque se a outra parte acepta a proposta de independencia hai que falar de acordo e entón desaparece calquera unilateralismo, ou non?

Porén as forzas centralistas, a través dos media, non paran de repetir a palabra UNILATERAL despois de declaración. Véxase La Razón, véxase EL País.

O motivo é o seguinte: para calquera cidadán medio declaración unilateral é o mesmo que imposición (ideolóxica). Porén non son sinónimos declaración unilateral e imposición. A cousa estaría clara se desaparecera o adxectivo unilateral. De aí que sexa necesaria a súa presenza para que se produza confusión ( distracción, na escala Chomsky, punto 1) e que esa confusión quede instalada (mediante a repetición constante desde os púlpitos mediáticos) na cultura da xente (punto 5, tratar a xente como críos; punto 7, mantelos na ignorancia).

Pasar de aí ao resto de estartexias chomskianas é ben sinxelo, pura lóxica.

Velaí que o que cómpre, XA, É UNHA DECLARACIÓN UNILATERAL DE INDEPENDENCIA DA MEDIOCRIDADE E IGNORANCIA.

Unilateral, si, darlles ocasión, á burramia e mediocridade, para chegar a un acordo… resulta unha tontería. A razón non debe nunca negociar, significa case deixarse contaminar.

Como medida de hixiene social e de progreso económico.

Hixiene social: tanto os partidos políticos como os seus púlpitos mediáticos terán que reformularse ao veren que non son aceptados nin eles nin as súas escuras e trampulleiras medidas de control social. Eles, dous dos máximos culpábeis da actual crise económica, ou non?

Progreso económico? Pois claro, o progreso, o avance, non se produce nunca desde a mentira, desde a escuridade da ignorancia. O progreso sempre vai de man dada coa razón e a cultura, ou non?

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.