ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

España,esa debilidade

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 22 Setembro 2012 @ 2:18 p.m.

Vivimos tempos cofusos. Oh tempora, oh more. Que aínda non chegados foron tempos que confusos non foran. Así tanto que ben se pode afirmar que é un tópico. Un tópico; máis que literario, xa social.

A pregunta, entón imponse. A quen lle interesa esa confusión perenne?

Non se precipitar, que terá cumprida resposta.

Antes cómpre reparar nunha outra cousa. Pasa o mesmo por aí fóra, ou é exclusividade de España? Certamente, iso non lle escapa a ningún outro territorio. Polo menos se falamos e cultura, que en todas, con este matiz ou aqueloutro, o achamos. A confusión é patrimonio da humanidade.

Con tanta intensidade como en España? A nivel social non.

Nesa confusión subxace unha idea que de cando e volta renace e ese reproduce nas palabras da ultradereita (PP, falanxe máis xacobina do PSOE…). A tan famosa frase aznariana España se rompe, á mínima eríxese como faro que guie as decisións do cidadán confuso para parar os pés aos independentismos.

Mais, de verdade o concepto de España é tan débil que non atura outra formulación estatal que a ditadura ou a monarquía? Pobre España, entón, se é así. Paupérrima.

E xa poden observar que quedou repondida a pregunta inical, xa se sabe a quen interesa a confusión da xente.

Se España é un concepto tan débil que só atura en contextos onde os cidadáns permanecen na máis escura das confusións, entón non paga a pena, é nociva.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.