ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

xustiza?, que xustiza?, levantado a lebre…

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Setembro 2012 @ 5:10 p.m.

Desde instancias políticas pídesenos aos cidadáns non só que acatemos a xustixa senón que confiemos nela. Mantra repetido á menor ocasión en que un político ande en leas coa xustiza. Desde aí se nos formula a primeira pregunta:

-comparada co resto de países, polo menos occidentais, en que lugar se atopa España en canto ao número de políticos afectados pola acción da xustiza?

Polo pronto, as dúas últimas convocatorias electorais estiveron marcadas por actuacións xudiciais moi espectaculares e de moi pouco rendemento en canto supón adimistración de xustiza. Referímonos á Operación Campeón e a esta de agora chamada Pokemon. Ambas nacidas en Lugo, ambas levadas a acabo con medios que aseguraran a espectacularidade, e AMBAS favorecendo os intereses electorais do PP, curiosamente, e con moito, o partido máis corrupto de España, sobre todo se temos en conta a historia negra que desde a súa fundación aniña no PP, e que se acha no epicentro do caso Camps e demais ralea. Ségueo, máis de cerca do que se puidera pensar, o PSOE.

A forma de desenvolverse da Campeón e da Pokemon dan para pensar mal, moi mal. Deteñámonos na Pokemon, que é a de máis actualidade.

Unha xuíza casada cun membro do PP, unha xuíza que pertence a unha secta (OPUS), que xustiza pode administar?

Sábese que as actuacións estaban previstas desde hai tempo, antes das eleccións, mais fóronse executar xusto agora, cando máis impacto político teñen.

Estas cousas levantan risos por Europa adiante, porque abren camiño a quen queira sospeitar que a xustiza española está mediatizada pola instancia política, xa que a xustiza non sería menor de se realizaren as actuación noutras datas, o único que cambiaría sería o impacto político. E repito, estas cousas teñen impacto económico, a credibilidade de Esapaña queda a altura bananeira e acredibilidade é fundamental cando vas pedir cartos prestados.

Iso, en si, xa é grave, moi grave. Porén máis grave é aínda o caso do Anteproxecto de Lei de Tasas Xudiciarias que foi publicado o 7 de setembro, e que a apisonadora do PP aprobará sen dúbida, sen que a oposición lle fixera fronte malia a gravidade do asunto.

Desta gravidade infórmame por e-correo un camarada, moi autorizado na materia, e recollo das súas palabras isto que eu non saberái explicar mellor:

Quen queira presentar unha demanda verbal
ou un monitorio (vías legais para a reclamación de cantidades entre 0
e 3000 euros, no primeiro caso, e sen límite no segundo) terá que
pagar 100 euros máis a correspondente ratio (taxa estipulada a maiores
en función da cantidade que se reclama). É dicir, quen pretenda
reclamar 100 ou menos terá que pagar ben máis entre taxas, ratio,
avogada e procuradora. Pero a cantidade de este exemplo só é unha
cortina de fume, pois quen pretenda reclamar unha cantidade maior,
poñamos 300 euros, está na mesma situación. Que opción queda, pois,
para o xusticiable? Renunciar á lexítima demanda ou pagarlle os cen
euros a quen os precise máis para que lle aplique outra clase de
código ao debedor?

Quen queira presentar un procedemento ordinario (vía
legal para a reclamación de cantidades a partir 3.001 euros) terá que
pagar de taxas 300 euros máis a ratio (máis avogado e procurador,
cuxas minutas ascenden proporcionalmente á cantidade reclamada). Quen
queira recorrer en apelación (primeiro recurso a instancia superior, é
dicir, á Audiencia Provincial), deberá pagar 800 euros só por
presentar o recurso; e quen queira recorrer en casación (recurso
perante o Tribunal Supremo), 1.200 euros, fóra as cantidades
ingresadas por taxas na primeira instancia.

Tendo en conta que todo isto se está cocendo no medio dun secretismo alarmante, eu escribo isto a ver se levanto a lebre, antes de que como aseguraba o meu camarada, só nos quede a XUSTIZA POLA MAN DE ROSALÍA…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.