ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

porque Feixó non sabe que as vacas sempre teñen nome de muller?

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 25 Setembro 2012 @ 6:27 p.m.

Pouco a pouco van mudando as follas do almanaque, e as das árbores inexorabelmente caendo a non ser que sexan perennes. Como perenne parece ser a desmemoria da sociedade, inoculada intravenosa desde os púlpitos mediáticos en persecución de novas formas de distraer a opinión pública e xeneralizar o esquecemento que faga imposíbel calquera acto de reflexión.

-A CosPPedal, esa que non para de deixar para historia frases célebres que ilustren a súa incultura, vai e soltou: “Acampar dentro del Congreso como hizo Tejero o fuera, como ahora se pretende para el 25S, tiene idéntica finalidad: secuestrar la soberanía” Carai, se en democracia a soberanía reside no pobo, vexo un pouco difícil que o pobo se secuestre a si mesmo! Claro que para o PP a soberanía non reside no pobo senón neles mesmos (PP) a través dos votos! Lóxica de sentido común, que curiosamente, en ningún medio vin reflectida…

-Acabo de coñecer esta, dun membro de UPyD: “Las sociedades bilingües son anormales”. Dun tal Martínez Gorriarán, un home con menos cerebro ca unha mosca a quen o Chiquilicuatre ou Chiquito de la Calzada deixarían en evidencia en calquera disputa cultural. Xa non é que non fora á escola o individuo este…non. É que nin sequera sabe contar! E aínda así está no Congreso! Penso que se hai un burranzán como representante social… a sociedade ten dereito a sabelo!

-Claro, neste clima, os políticos teñen barra libre para soltar a estupidez máis grande sen que ninguén os reprenda. Velaí o Feixó, ppetimetre maior na Galiza, a dicir que acabaría coas listas de espera nos hospitais…e resulta que aumentaron, en proporcionalidade á desmemoria dos púlpitos mediáticos. Tamén dixo que acabaría co paro en 45 días, que máis chulo ca el nin José Tomás, e aumentou o desemprego deica cota  inimaxinábeis.

-Tamém adoita repetir: “Poñereime a traballar desde o primeiro día” ( Seguramente en castelán, porque quere darnos algún traballo da única maneira que sabe…) Home, Feixó, para iso se che paga, que menos! Claro que, visto o visto, mellor é que non fixeras absolutamente nada.

-Outra  que soltou Feixó:  ” Los gobiernos que nacen contra las urnas mueren en las urnas. ”  Lembren o do traballo! O homiño non lembraba que as urnas déronlle ao PP menos votos que que á oposición. Oxalá teña razón!

-Por non mentar iso de que Galiza non merece un goberno multipartito, un goberno con distintas ideoloxías, distintos líderes, distintos intereses… Non home, non, Feixó, non, o único que non merece Galiza son catro anos máis de atraso ( económico, social, cultural e político…)

-Si, si, porque seica merecen catro anos máis desde o punto de vista obxectivo, un punto de vista tan obxectivo que non teña en conta o atraso económico que o goberno do PP trouxo, o atraso social ( cunha sociedade á que enfrontou deliberadmente en busca do voto), de atraso cultural (nunca se viu unanimidade tan grande poñendo en evidencia a desastrosa política cultural dun goberno)…cando houbo unha Seguridade Social tan mala e para menos cidadáns?, cando houbo máis desempregados?, cando a industria retrodedeu tanto?, cando estivo pero que hoxe o agro?, cando houbo un ensino de peor calidade e impartido por menos docentes?….

-Sería non parar a enumeración…Mais lembren unha cousa, os que non o vatorn e sobre todo os seus votantes…Alguén que non sabe porque as vacas levan sempre nome de muller non está preparado para presidir a Xunta, nin sequera está preparado para unha conversa de cafetaría.

Por certo, reparen, xa llelo dicía, no desenfado e pretrendido humor con que o redactor/xornal disimulan a solemne incultura do señor Alberte Nunes Feixó.

Quen queira máis, velaí teñen a Feijoopedia, que a min non me gusta asañarme con quen non sabe…

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.