ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

entre os versos de Wislawa e o Atlas de Chaguán, os feridos de onte

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 26 Setembro 2012 @ 5:16 p.m.

A valía dunha persoa mídese polas súas reacción perante a vida. Un escritor ou unha escritora son persoas. Logo non hai máis que dicir.

Onte, mentres a xente de ben se dirixía ao Congreso na tentativa de lavar sociedade das conciencias suxas, de sanear a vida, a vida miña, que seguía ocn interese sumo e pasmo maiúsculo a concentración, a vida miña e a de calquera que inclusive se opuxera a á marcha 25-S ( o cal indica ben ás claras quen é insubstiuíbel para a HUmanidade)…Pois mentres remoía vellas lembranzas da miña vida madrileñí ( vivín a moi pouca distancia de onde se desenvolvía todo), abrín o libro, a escolma da obra poética de Wislawa Szimborka que Lucía Caeiro puxo en galego, para Positivas e para calquera de nós coa suficiente valentía de abrise ás súas páxinas.

Wislawa Szimborska é poeta que nin presentación necesita pois ván avalada por numerosos premios, incluído o Nobel do ano 1996. E é a súa unha poesía en constante loita, en loita porque a realidade non lle fuxa, en loita por serlle fiel a un corazón sensíbel ao acontecer diario, en loita contra a senrazón acomodaticia do vivir fácil e alienado, inclusive en loita entre desbocar o ritmo como cabalo salvaxe ou cinguilo a formas máis clásicas e accesíbeis.

As noticias que chegaban á fiestra do meu computador, non por agardadas ( que se vai agardar dos novos secuaces do vello ditador?!) me desinstalaron a preocupación nin deixaron de alarmarme; alguén terá que pagar, se  mundo é xusto, todas as feridas recibidas, todas as paraplexias causadas pola violencia inxutificada executada desde o mercenariado da plutocracia: as que deberían ser forzas de seguranza e só son forzas de acoso á razón da xente humilde.

Abrín entón o Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, que a xente, xente nova, quen non apoie á xente nova que vaia buscando nicho a xeito, a xente de A Porta Verde do Sétimo Andar sacou á luz nos Q de Vian Cadernos.

Vou ser moi sincero e moi rápido na escrita das sensacións que me produciu. Aclaro, antes, que onte só lin un terzo do poemario. Mais foi unha lectura de tal intensidade que tanto como ía lendo ía escribindo no folio en branco onde se enche o caderno da crítica. Despois de ler só os cinco ou seis poemas tiña xa notas abondas para redactar xa unha crítica. Era consciente e marabilleime e desde ese estado de ánimo seguín lendo deica completar o terzo…do contrario habíame sentir mal comigo mesmo. Que eu me sentir mal á vontade comigo mesmo circunscríbese á esfera do individual. Porén o que me incomodaba era non poder facer partícipe a todo o mundo do que eu estaba achando. Porque, senón, de pouco vale…

Wislawa Szimborska é nome de poeta tida en conta por autoras e autores galegos, de prestixio ben gañado e non cuestionábel. Porén, despois de que Méndez Ferrín petara na mesa Con pólvora e magnolias, e moi significativamente desde a década dos 90 ( sen que isto signifique desmerecemento ningún da poesía dos 80 ), a poesía galega sabe ser superior, estar por enriba dos seus referentes…non reproducen senón que crean a partir de, sabendo ben o que sería ir para atrás e os camiños que abren fronteiras novas ás que non cómpre renunciar.

É, a poesía galega actual, unha poesía en constante loita. Coma a sociedade. Mais máis consciente. E a xente ten que sabelo. Sabelo só non, sequera imaxinar o inmenso valor que iso ten. Imaxinan unha literatura que en lugar de vangarda só tivera retrospectiva umbilical?, como sería esa sociedade?

Non había poetas entre os que onte mallaron na razón pedindo xustiza que onte se manifestaba.

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.