ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

entre vacas, libros e a infamia da ignorancia

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 27 Setembro 2012 @ 5:37 p.m.

Anda o señor Alberto Núñez Feijóo, léase Alberte Nunes Feixó, actual Presidente candidato a presidir de novo a Xunta de Galicia, moi ufano malia, non hai moito tempo, verse na obriga de preguntar por qué as vacas sempre levan nome de muller. Lese en tal mostra de incultura que ANF pouco coñece a quen goberna. Mais, se cadra, o peor é que non dera entendido a respota da gandeiro. Síntomas non dá.

Léase.

Se me dera por escribir unha Historia da infamia, sen dúbida Alberte Nunes Feixó, tería capítulo reservado e non perqueno.

Mais o caso é que por fin conseguín un libro longamente arelado, a Historia da lectura no mundo occidental. Non hai moitas “Historias da lectura”, poucas coñezo. Hai moitas máis “Historias do libro”, mais a a historia do soporte só en parte é a “historia da forma de descodificalo”. E, aínda máis, a de Guglielmo Cavallo e Roger Chartier, directores dun proxecto no que colaborou moita máis xente, non sei en que medida respoderá á miña demanda, a de que sexa historia máis da lectura que do libro, e manteño incerteza de se tamén será “historia da lectura literaria”. Porque a forma de ler ou decodificar unha novela e factura da luz ou un prospecto médico…tampouco son iguais.

Xa teño na cabeza o proxecto de escribir unha “Historia da lectura”. Comezarei en breve, na semana que vén farei o esquema do primeiro borrador. En todo caso non me asusta que a nivel internacional non haxa moita cousa, que eu saiba, e que a nivel español o ermo sexa aínda máis grande ( porque até a versión, de 2011, que se pode ler en Taurus…)

E, nin moito menos, facelo en galego. Oxalá dea cabo da empresa. Porque o galego, señor Feixó, serve tanto para falar coas vacas como para atreverse coa vangarda máis vangarda de todas as vangardas. Por moito que a vostede lle doia.

E tamén por outra cousa: como eu sei moi ben porque as vacas levan sempre nome de muller non teño que andar por aí preguntándoo. Sabe? Que vergoña, se non o soubera!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.