ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Atlas de Chaguán (Rosa Enríquez), versos escollidos

Filed under: Sen clasificar — 28 Setembro 2012 @ 5:53 p.m.

Disposición preliminar ou ánimo que non debe estar ausente na lecura do poemario de Rosa Enríquez que se pode ler en Q de Vian:

1) É de balde, polo que ao ser humano nunca lle poderá ser perdoado NON PENSAR; seguir eternamente circunscritos ao laissez faire é o comportamento das pedras, erosionadas por axentes externos.

2)Toda erosión na persoa humana, corpo e alma ou entendemento, provocada por conxéneres, deberá ser considerada na mesma escala de imbecilidade antes mentada. E perseguida con efusión e amor.

Agora si, podemos entrar no libro; por exemplo, da man destes versos escollidos:

a aniquilación ética ten o seu berce na ansia de vivir en paz no espazo (26)

…………………..

a boca que fecha produce

estados comatosos. c‘est une maladie:

epidemia de cobardes (19)

…………………………

todas as que nacen en arizona son-nalgún momento-sensuales

caperucitas en manhatan: matancomenfodensenxeitoeengordan (21)

…………………………………………….

e sabendo Baby como sabía-que os sistemas sociais

son de índole pecuniaria-deixouse amar con sensual

fervor: permitiu que lle lambesen a farinxe de

señorita-que lle quitasen a saia como acordaran:

por amor al sexo (23)

……………………………………………………………

unha que poida ilustrarnos. iso é chaguán: factoría

emerxente: bienes inmuebles: cirurxía estética: señoritas con

bolso: caballeras (25)

…………………

metan o dente ao frío secular que nos arrastra cara un inferno de barbarie.

fagan-por favor-o tránsito á inversa: volvan á paleopolítica do intercambio (26)

……………………………..

des gamines en cuire faisant la queue. DÓLARES Y LLUVIA

DORADA. porque é chuvia o que nos cae enriba-verdade? (27)

………………………………………..

hai libros-daddy-que

constrúen un mar de soños inmenso porque saben anticiparse. son

esos los libros que amo. los que me soñaron diferente (28)

………………………………………………..

-lémbrese que os autárquicos por anticipación viven nun estado

de felación autocompracente que os engorda por dentro:

ínchaos de gloria e fascismo- (29)

………………………………………………………………

loba revolvéndose na area trala aldraxe. talvez por

iso son a señorita feroz: a voz poética criminal.

y no me arrepiento (30

………………

FORTERESSE porque las caballeras armadas de

libertad son el único dios (32)

……………………….

despois do crime comprendín o importante: hay personas

que no podrán amarnos nunca: son peces muertos. murieron y nos

mataron. a memoria conservará esta dor inconsolábel. (34)

…………………………………..

perforación de cabezas… a gorgona-prezadas Amigas Da Terra-levaba

no lombo a historia da violencia. codicia pues-envidia y muertes. (36)

……………………………………………

fixeron de deus un bruto indecente: une pute en guenilles. levaban

nas aletas toda a paz do mundo. y eran fieras. de trallazo en trallazo (39)

…………………………………………………………..

você não é índio. me desculpa-querido: você é

simplesmente um idiota sem remédio. (46)

…………………………………………………………………..

esta é a historia de todos os pueblos

esquecidos: son como as mulleres asoballadas-Baby.

están feitos de cartón. explótanos como ás putas. (50)

………………………………………………………………………………

mundo de caos político erótico vive nas fochancas do silencio

fabricando un tempo cuadrangular que permita a liberdade de

todas. tamén a das idiotas. (52)

………………….

CUN MISERÁBEL DÓLAR PÓDESE CONSTRUÍR UN

DISCURSO MERCENARIO-se o socialismo-por exemplo-deriva

en actitudes estéticas de resistencia-con incapacidade de seu para o

deslizamento (54)

…………………………………

aí encontraremos amor: amor á dependencia. de ídolos-claro. a idea

é evitar a elaboración dun pensamento propio. duele mucho vivir a

la intemperie. (55)

…………………………………………………

a propiedade privada comeza coa acumulación de obxectos

irrelevantes. cun amor cristián por certos utensilios (59)

a gorgona-rematou Baby de ler no libro-petou co martelo de

thor enriba das cousas inútiles. prendeu a flor do saguaru no

vestido e celebrou un mundo de soños e liberdade. (62)

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.