ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Setembro, 2012

valores narrativos en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

Posted: Martes, Setembro 18th, 2012 @ 6:15 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en valores narrativos en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

Nesta biografía de Ramón Nicolás, que é máis que unha biografía, hai cousas que poucas veces se atopan noutras, poucas ou case ningunha. Concretamente, hoxe, referímonos aos valores narrativos. En páxinas como as que seguen, Ramón Nicolás fai gala duns valores narrativos evidentes, eses valores dos grandes contadores de historias, valores case sempre asociados á […]

porque a xente é refractaria á independencia de Catalunya?

Posted: Luns, Setembro 17th, 2012 @ 5:14 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en porque a xente é refractaria á independencia de Catalunya?

É algo que nunca dei entendido. Que prexuizo lle causa a un burgalés, ou a un salmantino ou conquense que Catalunya se independice? Se os cataláns deciden independizarse, e só eles poden decidilo, que problema hai aí? Porque posibelmente ese burgalés, esa salmantina, ou eses conquenses, poucas veces viaxaron a Catalunya, imaxino… e, se se […]

operación medomedá, en marcha

Posted: Domingo, Setembro 16th, 2012 @ 3:24 p.m. in manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en operación medomedá, en marcha

Xa está aquí, poden vostedes seguila desde as pantallas dos televisores, desde as páxinas os diarios, desde as palabras da radio, desde calquera púlpito ou altofalante que poida condicionar a opinión pública. Fíxense, que non é casualidade, vai ser o independentismo galego radical resulta máis útil ás forzas opresoras do que ao pobo galego, sempre […]

Celso Emilio e Moraima, comezo dunha apaixonada historia de amor

Posted: Sábado, Setembro 15th, 2012 @ 4:48 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Celso Emilio e Moraima, comezo dunha apaixonada historia de amor

Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba.     (continuar lendo aquí ) Este de Celso Emilio Ferreiro, é un dos poemas de amor máis lindos que lin nunca. E xa non era precisamente un mozo cando o escribiu, o cal fal dun amor intensísimo. Dun […]

e nas mans da mellor negra

Posted: Venres, Setembro 14th, 2012 @ 11:48 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en e nas mans da mellor negra

Narrativa da mellor, en xénero negro, abro esta mañá cun regusto a boas lecturas xa feitas. Caride Ogando é pousidor dunha pericia salientábel no eido narrativo: sabe moi ben combinar o resumo, a narratividade diferida, coa actualización da acción da trama que o diálogo supón. O cal provoca que o atrevido lector que encete unha […]

sociedade, pais, alumnos: así estamos os docentes no comezo deste curso

Posted: Xoves, Setembro 13th, 2012 @ 11:46 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sociedade, pais, alumnos: así estamos os docentes no comezo deste curso

Que o sistema educativo funcione depende unicamente dos docentes, e en segundo lugar da apertura e receptividade dos alumnos. Unicamente. U-ni-ca-men-te. Quero escribir, hoxe, sobre outra circunstancia ALUCINANTE. En canto remate estas liñas teño que me poñer a elaborar o Proxecto Educativo da miña materia, nos cursos e que imparto, a chamada programación. É algo […]

diagnose dun ex-policía lingüístico

Posted: Mércores, Setembro 12th, 2012 @ 12:07 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

A raíz deste artigo de Alfredo Ferreiro,  e dunha intervención, no Facebook, de Xavier Alcalá que nacía a propósito deste artigo seu ( que pode derivar nun dicionario castrapeiro), espertaron en min aquelas vellas sensacións de indignación de cando fun alcumado “policía lingüístico”. Por máis dun escritor. E eu non entendía como aquela xente era […]

actividades para a lectura de O país adormentado

Posted: Martes, Setembro 11th, 2012 @ 10:05 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en actividades para a lectura de O país adormentado

PARA ANTES DE QUE OS ALUMNOS COMECEN A LECTURA de O PAÍS ADORMENTADO. REALÍZASE COMA UN ENQUISA 1)Atrás quedaba un mundo que durmía e durmía sen parar pagando con desprezo a  quen o quixera espertar ( Pax. 7) Imaxina que o autor non  está escribindo sobre algo ficticio senón real. Que tipo de país sería? […]

a advertencia de Cabanillas contra o capital

Posted: Luns, Setembro 10th, 2012 @ 11:21 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a advertencia de Cabanillas contra o capital

Na vida tan axetreada que levamos, atentos, pola conta ( moi económica) que nos ten, ás últimas noticias políticas, estas prodúcense con tal vertixe que non dá tempo a entender ( ou moi pouco) o verdadeiro significado dos feitos que se producen, é dicir hai moi pouca marxe para a reacción. Evidentemente isto non sucede […]

tEorÍA inVERSA Do MeDo

Posted: Domingo, Setembro 9th, 2012 @ 12:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tEorÍA inVERSA Do MeDo

Seica o PP volve á campaña do MEDO  (cliquen enriba e despois no resultado, para ver o pdf) MEDO NÓS? A VER SEXAMOS SENSATOS  TI A QUE LLE TES MÁIS MEDO? A QUE GOBERNEN OS COMUNISTAS? a QUE SIGAN DESMANTELANDO O TECIDO INDUSTRIAL a QUE oS TEUS FILLOS TEÑAN MENOS PROFESORES E PEOR ENSINO a […]