ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Outubro, 2012

o valor dunha cultura, desde un feito cotián

Posted: Mércores, Outubro 31st, 2012 @ 7:04 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en o valor dunha cultura, desde un feito cotián

Amenceume hoxe o día murcho, debaixo dunha mesta manta en xeito de néboa teimuda, desanimándome de pasar pola piscina e así comezar o día repleto de endorfinas, porén se onte tiña a caldeira unha peza rota e a auga saía fría…hoxe pola mañá non ía estar arranxada. Ese tempo antes de marchar traballar empregueino en […]

As voces baixas: momentos selectos

Posted: Martes, Outubro 30th, 2012 @ 6:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en As voces baixas: momentos selectos

Hai 36 páxinas antes do primeiro, 122 entre o segundo e o terceiro, restan 47 para o remate. Todas igual de intensas. Non é doado escoller, Manuel Rivas mantén o clima da narración con auténtica mestría, ese clima que preña sempre as súas obras: comprensivo, reivindicativo, épico, humilde, lírico, orgulloso. Porén estes tres fragmentos chegáronme […]

por qué o PP odia a república e os españois deberían agardecela

Posted: Luns, Outubro 29th, 2012 @ 10:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en por qué o PP odia a república e os españois deberían agardecela

Que España se dirixe cara a un novo réxime político parece cada máis incuestinábel. E desexábel, porque a república é un réxime moito máis razoábel  e moderno que a monarquía. Porque a estas alturas seguir mantendo unha familia real que goza de privilexios especiais, tan especiais que inclusive as infantas non teñen obriga de saber […]

a realidade e a ficción, entre Manuel Rivas e A.N. Feixó

Posted: Domingo, Outubro 28th, 2012 @ 8:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a realidade e a ficción, entre Manuel Rivas e A.N. Feixó

Son aínda ben delas, as cousas que me quedaron no tinteiro unha vez rematada a críticia: 1072 palabras, máis grande do habitual nas miñas. Unha delas, por exemplo, que nin mentei porque xa sabía que de facelo me iría o tamaño en desmesura, é o uso de fotografías. O uso de fotografías para ilustrar a […]

análise dos resultados do 21 O en clave futurista / un país en lista de espera

Posted: Venres, Outubro 26th, 2012 @ 5:43 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en análise dos resultados do 21 O en clave futurista / un país en lista de espera

Xa fixen unha análise dos resultados electorais, e xa pensaba isto que agora engado, mais quíxeno remoer ben e que non parecera resultado dun pronto pouco reflexivo. O comportamento, a xulgar polos resultados, do voto ( e miren que non digo dos votantes) nestas eleccións paréceme: -indignante, porque o voto para o PP é  voto […]

actualidade literaria española presenta:

Posted: Xoves, Outubro 25th, 2012 @ 5:52 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en actualidade literaria española presenta:

Dáme por poñer este título porque temo que teremos que tamén falar do pasado, mais conste que non outra pretensión a miña que a de reflexionar  sobre a literatura española, ou sobre o sistema literario español. A min, que son crítico e escritor doutra cultura, da cultura galega, mais terán que me aturar xa que […]

primeiro contacto con As voces baixas

Posted: Mércores, Outubro 24th, 2012 @ 5:54 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Xa aviso: primeiro contacto, si, mais no primeiro contacto devorei a metade da novela. Aínda sabendo que a mina obriga como crítico é ir tomando notas segundo vou lendo, entra tan tan dentro esta As voces baixas que o único en que pensaba era en pasar páxinas. É só desde esta mañá que me impuxen […]

análise/lectura dos resultados electorais/da trata do voto

Posted: Luns, Outubro 22nd, 2012 @ 5:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en análise/lectura dos resultados electorais/da trata do voto

Non é difícil de entender, é moi duro de asimilar. Mais os galegos, onte, votaron por máis pobreza, por máis mentira, por menos cultura, por menos sanidade, por todas esas cousas que todos ben sabedes. Certo, tamén lle deron un bo cachete ao BNG, e dóeme aínda que merecido o tiveron. Non se pode ir […]

a bondade dos demócratas

Posted: Domingo, Outubro 21st, 2012 @ 2:01 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a bondade dos demócratas

Na carreira por chegrar a San Caetano -hai quen parte con vantaxe ( ubicou temporalmente o evento cando máis dano podía facer aos demais), –dopado (desde unha posición de superioridade porque están no poder, aínda que legalmente non debería contar porque este é outro capionato) con sangue seu inclusive dos contrarios: os cartos cos que […]

determínate, meu

Posted: Sábado, Outubro 20th, 2012 @ 11:47 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

As Indeterminacións (Carlos Lema) tocan un tema axiomático aos intereses de calquera civilización, de calquera cultura. Carlos trata o tema a propósito da literatura, mais pode e debe facerse extensíbel a calquera manifestación cultural. Porque, a ver, contribúe a literatura ao apazugamento, á domesticación do ser humano, tese comentada e localizábel en Sloterdijk, ou ben […]