ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

en África non hai tolos

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 10 Outubro 2012 @ 6:14 p.m.

Vin o outro día como Gonzo, en El Intermedio de La Sexta, falaba, para toda España, en galego. E non morreu ninguén por iso.

Vin tamén como poñían a parir o goberno Raxoi, por aquilo de que os sen papeis veñen de turismo sanitario.

Vin e penso. Penso que en África non hai tolos. Que a xente de África ten cerebro e sabe pensar. E teño dúbidas de que aquí, no cornecho infrapirenaico, quede xente con esa facultade hábil.

Porque vexo aparecer o Wert(zotas) Ministro de Educación dicindo que van españolizar Catalunya. Vai facer el o que non deron feito 5oo anos de opresión conquistadora? Tan chulo é? Ou tan idiota?

Igual estou enfermo e por iso penso demais. Poderá ser? Porque sigo vendo e vexo un Feixó “más chulo que un ocho” a fachendear de bon xestor sen importarlle ter que facer trampas, por oito veces (ou nove?) chamado á atención por facer trampas na campaña elecotoral…

Tampouco quero, nesta anotación, repetir argumentos.  Aínda que sexan de actualidade e cumpran os seus ecos, necesito seguir pensando.

Hoxe, no recreo, alumnas novas no insti falan cunha que vai para tres anos nel. As alumnas novas non entenden como en galego se lles esixe a lectura, como mínimo, de 6 libros no curso, a elas houbo veces que non lles pedían ningún, e en castelán só 3. Que era moi inxusto!

-Pois eu, o ano pasado lin 8. E este curso penso chegar a 12.

Caras de pasmo.

Volvo entrar na Sala de Profesores. Vou directo á ficha de lectura desa alumna, 3º ESO, o libro mellor valorado é “O perfume”, o peor valorado “La Celestina”. Un sorriso asoma aos meus beizos, esa alumna vén de me entregar un traballo ben xeitosiño sobre Circe ou opracer do azul, libro lido por vontade propia, sen que eu llo mandara. Non é a mellor lectora do insti, pero quere selo ou estar entre os mellores. Por certo, non lera 8, lera 10 libros, só na materia de Lingua e Literatura Galegas.

-Y como te ríes tanto?

Ría de satisfacción, de compracencia. Esas cousas elévanme a moral, fan que o mundo me teña sentido.

-Estou lendo un traballo sobre unha lectura…

-Y de quién, si puede saberse..?

Dígolle o nome.

-Le cuesta leer, si, le cuesta leer, la maldición de nuestros tiempos…

 

3 Comments

  1. Xose Luis:

    A min tamen me animan moito estas cousas que a veces pasan. Son pequeños triunfos que van compensando otras derrotas que sempre nos abafan.
    Gustaríame saber, como colega, como avalias as lecturas voluntarias ou como son os traballos que lles encargas duncan lectura deste tipo. Preguntoche porque eu teño serias dubidas moitas veces co que eu mesmo fago. Ben, se non Che importa compartilo, que tamen o entendería.
    Otra cousa. Moitas grazas polo d’O pais adormentado. Usaremolo con entusiasmo.
    Un saudo.

  2. xmeyre:

    NOn teño ningún problema en compartir o meu método, que é moi sinxelo:
    -darlles sempre lecturas acaídas aos gustos e personalidade dos alumnos, dos lectores.
    -nunca obrigalos a ler o que non queren, se cadra non están preparados e sería un grande fracaso
    -nun mesmo curso, nun mesmo grupo, pode haber diferentes niveis lectores, hai que telo moi en conta,e ningú nivel é criticábel senón todos mellorábeis
    -en canto á avaliación das lecturas abóndame comprobar se leron o libro ou non, cunha charla ou con preguntas escritas. Tamén suxiro traballos (voluntarios) que se valoran como traballo de clase. A partir de seis títulos lidos ( con menos ninguén promociona) comezo a premiar a lectura ( sempre que o alumno teña unha nota mínima de 4, non se aproba só coa lectura). Cada curso o baremo é diferente, proque depende do que lean ese curso. Como teño bos lectores resulta frecuente que quen quede con 7, 8, 9 títulos pouca mellora logre por que son moitos os que superan esa cantidade. A mellora pode chegar a ser de 2 puntos.
    -algunha vez podem enganarme, non me preocupa, quen perde son eles, e resulta frecuente que se sintan culpábeis e rematen lendo o libro pola súa conta..
    Agardo que che sirva de algo, Xosé Luís

  3. Xose Luis:

    Obrigado, amigo. Serve, serve. Non e tan diferente do que eu fago, asi que o teu coñecemento me reafirma nas miñas intuicions. Grazas, de novo.
    Por certo, non sei por tiles no cacharro este que emprego, queademais autocorrixese como lle peta. Uff!

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.