ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

determínate, meu

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 20 Outubro 2012 @ 11:47 a.m.

As Indeterminacións (Carlos Lema) tocan un tema axiomático aos intereses de calquera civilización, de calquera cultura. Carlos trata o tema a propósito da literatura, mais pode e debe facerse extensíbel a calquera manifestación cultural. Porque, a ver, contribúe a literatura ao apazugamento, á domesticación do ser humano, tese comentada e localizábel en Sloterdijk, ou ben fomenta a rebeldía, como se nos ocorre propoñer a nós?

Exemplos das dúas propostas non faltan. Inclusive os mesmos que ilustran o apazugamento, a domesticación e control, puideron servir para afortalar ou para portavocear a rebeldía. Queren un? A Biblia, obviamente. E, se me apuran, aínda que non sexa moito, o Quixote, que presentando un protagonista eminentemente rebelde remata por contrastalo con Sancho ( a razón) o seu desenvolvemento  constitúe exposición dopouco efectiva que resulta a rebeldía, mesmo do ridícula que pode chegar a ser aínda que estea preñada de moi nobres intereses.

Porque, no fondo, ultimadamente cada cultura presenta unhas determinadas características e necesidades, mutábeis temporalmente, a cultura, sobre todo e máis claramente a literatura, non fai outra cousa que reproducilas. Velaí que na literatura galega resulta den complicado sentir a Rosalía, Curros, Podal, Cabanillas, Manuel Antonio, Manuel María, Celso Emilio, Dieste, Fole, Novoneira…inclusive a Álvaro Cunqueiro, si.

E tamén na actualidade. Xustamente por iso as letras de Caneiro, por poñer un exemplo, encaixan pouco, son unha rebeldía íntima, individualista, de curto alcance, doméstica, desmobilizadora. Perderon o amparo das invocacións a Ferrín, a Manuel María, que chegaron a estar presentes na súa obra e que a sobredimensionaban. Cada cousa quedou no seu sitio, na súa grandeza ou na súa nadería sensibleira.

Cada cousa quedou non seu sitio e, como onde estamos é en Xornada de Reflexión, cómpre ter en conta que non resulta útil votar á Biblia, o Quixote ou a Caneiro. Porque si se presentan ás eleccións, vaia se se presentan…

1 comentario

  1. primeiro contacto con As voces baixas | ferradura en tránsito:

    […] moito, e moi grade, o humanismo de  Manuel Rivas, merecente dun estudo ben pormenorizado. E, para desmentir a Sloterdij, na desmobilizante senón todo o contrario. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.