ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

análise/lectura dos resultados electorais/da trata do voto

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 22 Outubro 2012 @ 5:32 p.m.

Non é difícil de entender, é moi duro de asimilar. Mais os galegos, onte, votaron por máis pobreza, por máis mentira, por menos cultura, por menos sanidade, por todas esas cousas que todos ben sabedes.

Certo, tamén lle deron un bo cachete ao BNG, e dóeme aínda que merecido o tiveron. Non se pode ir de cabeza de lista e deixar vivo a Feixó no debate, non se pode consentir que lles minta/os chulee  aos espectadores inventando datos que non existen. É que non teñen asesores, non asesores políticos (deses han sobrar) senón comunicacionais? Cómprelles unha reflexión moi fonda e moi urxente, abondo está avisados.

Esa reflexión deben facela tamén no PSOE. Non serven as siglas para implementar as carencias do candidato, a menos que queiran fracasar aoutra vez.

É urxente que comecen a facer política de a pé, aínda que temo que xa esqueceran como se fai tal cousa. Porque é urxente educar politicamente os cidadáns.  Cantos autobuses carretaron onte votantes para o PP? En cantos había representantes de partidos políticos diferentes do PP que, polo menos, atemorizaran un chisco a trata de votos? Multiplicar é sinxelo, mais hai que estar alí, nunca esquecer que a trata do voto é a arma imprecindíbel do PP.

Todos dous e tres, que agora son tres, deben entender que teñen que practicar a política de proximidade coa xente, si, mais iso non obvia a creación de canles comunicativas  cos cidadáns que minimicen o monopolio e usufructo dos mass media por parte do PP. Que estea canso de repetilo igual é síntoma de que razón non me falta, porque se non fan así, se segue o monopolio e usufructo dos mass media por parte do PP…non se lle pode chanar democracia a un sistema onde os cidadáns non saben o que votan porque eses mass media non foron xustos e só cantaron as bondades dun partido e esqueceron continuamente subliñar ( ou sequera dar noticia) das falsidades, do xogo sucio, da crúa realidade ( vivíase inmensamente mellor co bipartito), da incultura e burramia dun PP que sempre disfrazaron de anecdótica

Entrou ANova con forza, si. E alégrame, moito. Todos os parebéns do mundo Mais non me consola; Feixó, con carta branca, pode escarallar Galiza até límites difíciles de imaxinar.

Agora temos maioría de voces en  San Caetano, dúas, por unha dos socialistas e outra dos populares. Saberase rendibilizar iso?

A única esperanza de Galiza, aínda co ánimo baixo e cansos como estamos de sempre loitar polo mesmo, a única esperanza somos nós. Sobre todo se apredemos a facer as cousas doutra maneira e desestabilizamos a parcas estruturas mentais do PP, iluminando e esixindo outra responsabilidade nos votantes. Hai que facer  moito máis ruído, moverse moito máis, inocular esperanza de que o outra política pode ser feita. E non por tópico deixa de ser certo.

A pasada foi a campaña máis suxa da historia da democracia, e xa era difícil superar a anterior. Claro, seino eu, sabédelo vós, sábeno os votantes do PP?

Ou se fai iso ou só queda aterse ás consecuencias: máis que democracia isto é trata de votos, máis que política isto é mercadeo informativo destinado ao control dos votantes.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.