ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

actualidade literaria española presenta:

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 25 Outubro 2012 @ 5:52 p.m.

Dáme por poñer este título porque temo que teremos que tamén falar do pasado, mais conste que non outra pretensión a miña que a de reflexionar  sobre a literatura española, ou sobre o sistema literario español. A min, que son crítico e escritor doutra cultura, da cultura galega, mais terán que me aturar xa que teiman os políticos que “España non se rompe”, que “Catalunya é España desde hai 3000 anos” ou que “Galicia é España hai 500 anos”. Terán que me aturar aínda que non lles praza moito o que van ler.

Xa deixei dito que me identifica iso de “cando me falan de España sempre teño unha disputa, que se España é miña eu son…” Identifícame porque eles reiman niso.

Deben pensar que España aínda é un grande imperio, látelles no corazón o de UNA, GRANDE  Y LIBRE, aquel mantra franquista é coma se o quixeran revivir, revivir os mortos xa se sabe…

Hoxe teiman en incluír dentro da literatura española os autores galegos con obra traducida ao castelán, sen a menor referencia á autoría dentro da cultura galega, á lingua galega de orixe. Quen sae deneficiado disto? A literatura española, que inclúe na súa nómina un feixe de autores sobranceiros, e que cre que impedindo a visualización das culturas periféricas se ve no espello en imaxe máis grande porque agacha outras que cre que a empequenecen ou lle poden facer sombra.

Nas páxinas de ANT teño comentado un caso, que me aconteceu en Ourense, era democrática, andei folleando, nunha libraría, por pasar o tempo, e que atopei? Pois a edición dunha tradución ao castelán de As crónicas do sochantre, sen referencia á lingua de orixe, édita nunha edición pirata (editorial mexicana) que contaba con subsidio do Ministerio de Educación y Ciencia!

Vén de vello a cousa. E volve estar de actualidade porque As voces baixas aparece simultaneamente en verisón galega e castelá. Vamos, que non se tenta outra cousa que o que dixemos antes.

Ven de vello a decadencia da literatura española, desde os Séculos de Ouro todo foi decadencia e loita por fuxir desa decadencia. Literatura española, literatura castelá; enténdase, porque eles non entenden outra cousa. E mírse cal foi a contribución castelá e cal foi a contribución das periferias e chegarase á conclusión de que a contribución castelá non é precisamente para botar foguetes.

Por certo, esta teima castelá non abre portas doutro xeito fechadas, ou polo menos son moi poucas as que se abren.

A ninguén lle escapa a intencionalidade política de fondo, é demasiado obvia. Como a ninguén escapa que esa interferencia política na obra cultural non é precisamente algo exemplar, moito menos cando esa mesma xente exacula ira polo feito de que a literatura galega “sexa demasiado nacionalista”. E que por aái adiante, polo mundo adiante, causa, este proceder, pasmo e incredulidade. Lembramos a Menéndez Pidal?

Xa o dixen, tamén en ANT, e vólvoo repetir: se teiman en nos conquistar, ás culturas/literaturas en galego, euskera e catalán, cando remate o proceso de conquista non lle coñecerán a cara á cultura/literatura castelá; son demasiado oso para can tan febril.

Pensen, porque é hipótese a non desbotar, o que pasaría se todos aqueles introducidos autores inluídos, de matute, na literatura castelá renunciaran a renegaran de tal inclusión.

Pensen, na cara que lles queda aos estranxeiros cando saben que tales autores son autores traducidos; pensen se esa é imaxe dunha cultura/literatura seria. Pensen, porque pasa ( se non se lles prohibe dicir a súa orixe cultural, cando non lles é esixido como conditio sine qua non para seren convidados a palestras estranxeiras pos institucións “españolas”).

Pensen, non lles virá mal.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.