ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

análise dos resultados do 21 O en clave futurista / un país en lista de espera

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Outubro 2012 @ 5:43 p.m.

Xa fixen unha análise dos resultados electorais, e xa pensaba isto que agora engado, mais quíxeno remoer ben e que non parecera resultado dun pronto pouco reflexivo.

O comportamento, a xulgar polos resultados, do voto ( e miren que non digo dos votantes) nestas eleccións paréceme:

-indignante, porque o voto para o PP é  voto de castigo para os que reclamabamos máis atención á cultura, porque pono sen cultura nin é pobo nin é nada, e esta reclamación debera ser apartidaria, debera ser, nunha sociedade normal e civilizada, compartida por todoas as formacións. Indignante e ingrato

-humillante, para todos aqueles que levan tanto tempo loitando porque a nosa terra,a nosa xente, o noso mar, o noso vento, non se convirtan en depósitos (naturais ou humanos) de libre alugueiro e explotación por parte de quen non ten interese ningún no benestar ou no futuro dos galegos. Penso na xente de SOS Courel, por exemplo e por citar algún. Humillante e ingrato.

-inxusto, por se non abondara o dito, resulta innegábel que a política do bipartito foi a máis avanzada, intelixente, xusta e consecuente que se ten feito na Galiza. O bipartito ( e ollo, dixen o que dixen e non dixen que fora política ideal, mais sun raseiro moi, moi baixo) foi botado abaixo a base de mentiras e xogo suxo que todos os galegos deberan coñecer ( quen non o soubera que mire as razóns), e vivíase ben mellor co bipartito ca co PP, ben mellor, todos. Inxusto e ingrato.

-gastar tinta, agora, examinante do comprotamento da oposición, visto o visto, é unha perda de tempo. Andan perdidos, si (no BNG nin sequera souberon emitir mensaxes en clave positiva, de cara á construción dun futuro mellor, senón tematizaron cun verbo inmobilista; é que non teñen quen os asesore?); perdidos e á deriva (PSOE, nunca tivo unha mensaxe clara, sempre pareceu que o único obxectivo de Pachi era a súa poltrona á fronte do PSdeG; sistematicamente foi apartando, e a sociedade viuno moi ben, as persoas máis válidas e que mellor se podían entender co BNG). Aínda sí, o rival era tan desastroso ( un PP que non fixo nada, moito menos nada bon, que se limitou a fachendear de bon xestor cando é precisamente todo o contrario, e si moito malo, moito absolutamente nefasto para a cultura.

-observouse tamén un comportamento duplo e moi a estudar e ter en conta. En internet o PP foi, como eles mesmos recoñeceron, “vapuleado”. Se se pode cualificar o comportamento do “voto internet” como voto culto, e moi lonxe non se andará, chégase a conslusións extremadamente tristes e inclusive nocivas para a propia cultura castelá ( que tanto teima defender o PP, mentira!: só defenden interses alleos a Galiza) e o propio PP: de seguir así o voto PP non quedará outra que cualificalo como voto inculto, o boto da burramia, nucleado a redor do castelán ( e, sendo quen son, engado que me incomoda moito, moito esa equiparación, porque o castelán, alén de símbolo de colonización, é unha lingua cuxos falanes merecen o máximo respecto). E non o disimulan nada, os do PP, máis “chulos ca un oito” e cada vez máis rodeados de burramia, de incultura, de insensatez.

-doeralles aos do PP, mais as mentes máis preparadas, as mentes máis cultas e que mellor poden sacar este país da crise, non están con eles, é difícil que convivan coa burramia,está na oposición, e ningún país pode consentir iso sen pagalo

-como pode alguén no pleno exercicio das súas facultades mentais… poñer ña fronte da Xunta a alguén que tivo que preguntar porque as vacas levan nome de muller? Ese é un comportamento absolutamente imbécil, parvo, desastistido de facultades. Igual que permitir que ese individuo presuma de aldeán! Mais así foron as cousas: presumiu de aldeán alguén que nunca lles botou de comer ás vacas, mais os nacionalistas tocaban piano e instrumentos “cultos” ( por certo, que lles dicía eu antes? lembran?)

-queda aínda botar contas de canto foi o voto recluso e canto foi o voto libre, cantas papeletas e cantos votantes non foron coaccionados ou enganados por quen os carretou. Que non han ser poucos.

Indigante. Ingrato. Humillante. Inculto. Así foi o voto do 210. Non me vou sumar aos que pensan que o voto sempre é sabio e hai que extraer concusións desa sabedoría. O voto di como é a sociedade. O voto non imparte clases de socioloxía política.

Queden cun feito televisivo anecdótico e significativo. En El intermedio fixeron seguimento da camapaña, galega e basca, a través de twitter. Ben, a galega non, os canditatos galegos case non tiñan seguidores, polo menos non resistían comparación cos bascos. E contrasten agora os resultados na Galiza e en Euskadi.

Queda moito traballo por facer, señores da oposición. Elevando o nivel cultural da xente (que non o vai facer o PP-Xunta, nin sabe nin quere) para que deste xeito haxa cultura política. A troca de nomes á frente das siglas non solucionará nada. E moito menos se seguen reféns da maldición de que non aparecen voces novas e capaces, non aparecerán se vostedes teiman en agochalas.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.