ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a realidade e a ficción, entre Manuel Rivas e A.N. Feixó

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 28 Outubro 2012 @ 8:26 p.m.

Son aínda ben delas, as cousas que me quedaron no tinteiro unha vez rematada a críticia: 1072 palabras, máis grande do habitual nas miñas. Unha delas, por exemplo, que nin mentei porque xa sabía que de facelo me iría o tamaño en desmesura, é o uso de fotografías. O uso de fotografías para ilustrar a novela ( que eu sempre lle chamarei novela e non só autobiografía, aínda que o sexa é moito máis) confire ao texto un carácter de verosimilitude que non precisa máis que sempre se agradece. Mais, fóra de aí, o aspecto que me levaría a verquer ríos de tinta é o carácter ficcional que as fotos teñen desde o momento en que apoian unha ficción ( xa dixen e repito, é novela). Porque é máxica esta consideración na que  a pura fotografía do real se volve testemuña da propia ficción. Até que punto o que vivimos é real ou é ficción? Non esquezamos que as imaxes que do pasado gardamos tantas veces nos chegaron derivadas das lecturas. Así, cando por exemplo me cadra matinar no Santiago entre medieval e moderno acoden a min as imaxes que Marcos Calveiro pintou no seu Festina lente; e , outro exemplo do mesmo autor, se camtino na Venecia de, máis ou menos a mesma écpoca, son as imaxes de Settecento as que mo ilustran.

A fronteira entre realidade e ficción. E déixoo aquí porque tampouco quero que me monotemice esta anotación. Mais non podo facelo sen dicir que despois da lectura de Manuel Rivas, é a súa esta novela a que me proporciona as imaxes da Coruña da segunda metade do século pasado, sobe todo as décadas máis centrais, como é a obra de Vázquez Pintor a que me pintou a Pontevedra doutros tempos. Por poñer un par de exemplos, porque ñer as distintas cidades e lugares de Galiza desde as obras literarias (ficción) proporciona unha visión fonda, real (si, real), que vai moito máis alén do coñecemento xeral ( ou popular) e moitísimo máis aínda do que un guía turístico ( e dos bos!) pode ofrecer.

En posterioes ocasión hei ter oportunidade de afondar nisto, agora hai un outro aspecto que non quero esquecer e que si figura na miña crítica. Manuel Rivas engrandece, con esta novela, a memoria d´A Coruña, esa cidade á que aínda lle falta a gran novela, como teñen por exemplo Ourense, Santiago, ou Pontevedra.

Téñase moi en conta, agora que vimos de pasar un proceso electoral no que resultou vencedora unha perspectiva da vida que tende a empequenecer, a menosprezar (xa nin teñen vergoña de admitir as mentiras, as manipulacións) o contexto (votantes) para así parecer máis grande ela.

Porque nesta vida hai quen sabe ser grande, desde a épica da humildade. E quen se cre grande aínda que nin saiba porque as vacas levan sempre nome de muller.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.